Diferenzas entre revisións de «Ecografía»

sen resumo de edición
(amaño referencia)
| GeneReviews_nome =
}}
A '''ecografía''' (do [[idioma grego|grego]] «ἠχώ» ēkhō="eco", e «γραφία» grafía= "escribir"), tamén denominada '''ultrasonografía''', é unha técnica de diagnóstico clínico empregada en [[medicina]] baseada nos [[ultrason]]. Os aparellos de ultrason empregan, polo xeral, frecuencias comprendidas entre os 2 e 14 MHz (aínda que en eidos médicos excepcionais, coma a [[dermatoloxía]], poden existir transdutores de até 20MHz). Os ultrasons son xerados por unha fonte de cristal piezoeléctrico que fica en contacto coa [[pel]]. O mesmo transdutor encárgase de recibir eses ecos de ondas xerados, que posteriormente son interpretados a través dun ordenador. Así pois, a sonda transdutora funciona ao mesmo tempo de emisor e de receptor dos ultrasons. Canto maior sexa a frecuencia dos ultrasons, maior é a resolución obtida e máis precisión temos na visualización das estruturas superficiais. Conforme a densidade e composición das interfaces, a atenuación dos sinais emitidos varía, sendo posíbel unha tradución nunha escala de cores [[cinza]], que será a que forme as imaxes dos órganos internos.<ref>{{cita libro|apelidos=Pedrosa|nome=C.S.|título=Diagnóstico por imagen|ano=1999|editoreditorial=Marban|isbn=8471012677|páxinas=643-646|editor=Marban}}</ref>
 
O [[efecto Doppler]] é adoito empregado na ultrasonografía, xa que permite coñecer o sentido e a velocidade do fluxo sanguíneo. A integración desta técnica á ecografía convencional coñécese coma ''ecografía Doppler'' ou ''Doppler color'' (debido a que se empregan as cores azul e vermello para indicar un sentido ou outro do [[sangue]]. Outra variación da ultrasonografía clásica é a ecografía con contraste.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Schneider|nome=Michel|título=Characteristics of SonoVue|revista=Echocardiography|ano=1999|volume=16|número=7|páxinas=743-746|pmid=11175217}}</ref>