Abkhazia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 154:
Con todo, as atrocidades contra a etnia xeorxiana non acabaron. Estímase que 1.500 xeorxianos foron exterminados tras o acordo de paz. O [[14 de setembro]] de [[1994]], a través de cadea de televisión, os líderes de Abkhazia ordenaron a expulsión de todos os xeorxianos antes do día 27, aniversario da caída de Sukhumi. O 30 de novembro foi asinada unha nova Constitución reafirmando a independencia de Abkhazia, a que aínda así non foi recoñecida por ningunha outra nación e ata foi repudiada polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], o 15 de decembro. O [[21 de marzo]] de 1995, o [[Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Refuxiados]] acusou ás milicias abkhazias de asasinatos e torturas de ducias de refuxiados na zona de Gali. Mentres tanto, e a pesar do embargo que pesaba sobre a rexión, Rusia apoiaba militar e economicamente ao novo goberno abkhazo.
 
En abril de 1998, centos de forzas abkhazas entraron no distrito de Gali asasinando a varios xeorxianos que aínda permanecían na zona. Eduard Shevardnadze, con todo, rexeitou enviar tropas á zona de conflito e asinou un novo cesamento do fogo, o [[20 de maio]]. Esta nova escalada terminou con centos de mortos e máis de 20.000 novos refuxiados xeorxianos.
 
 
=== Conflitos políticos ===