Comuna francesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m rf
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 138:
A cambio da creación da Comunidade, o goberno asígnalles un diñeiro en base á súa poboación, proporcionando deste xeito un incentivo para as comunas a agruparse e formar comunidades. As [[Comunidade de Comunas|comunidades de comundas]] son as que reciben a menor cantidade de diñeiro por habitante, mentres que as [[Comunidade Urbana|comunidades urbanas]] son as que reciben máis diñeiro, e isto empurra ás comunas a formar máis comunidades integradas onde elas teñen menos poder, o que se resistiron a facer se o goberno non lles entregase diñeiro a cambio.
 
A Lei Chevènement foi extremadamente exitosa nese senso xa que a maioría das comunas francesas agora pertencen a estruturas intercomunais: unha verdadeira fazaña nun país tan conservador como Francia. Á data de [[1 de xaneiro]] de [[2007]], había 2.573 comunidades en [[Francia Metropolitana]] (incluíndo 5 ''Syndicat d'agglomération nouvelle'', en galego: Sindicatos de Novas Aglomeracións, unha categoría en vías de extinción), compostas por 33.327 comunas (91,1% de todas as comunas de Francia Metropolitana), e 52.86 millóns de habitantes, un 86,7 % da poboación total da zona.<ref>{{cita web| url=http://www.dgcl.interieur.gouv.fr/donneeschiffrees/interco/stat2007/repart_EPCI_FP_departement.pdf| título=Répartition deas EPCI à fiscalité propre par département au 01/01/2007| autor=[[Ministerio do Interior de Francia]]| editorial=Direction générale deas collectivités locais (DGCL)| formato=PDF|fechaarchivodata-arquivo=2007-05-19|lingua=fr}}</ref>
 
Con todo os impresionantes resultados poden agochar unha realidade distinta. En áreas rurais, moitas comunas entraron nunha Comunidade de Comunas só para beneficiarse dos fondos gobernamentais. A miúdo os sindicatos locais tornáronse oficialmente en Comunidade de Comunas, e a nova Comunidade manexa só os servizos que antes manexaba o Sindicato, contrariamente ao espírito da lei a cal estableceu as novas estruturas intercomunais para realizar unha gama de actividades moito máis ampla cás realizadas polos Sindicatos. Algúns din que, se as transferencias do goberno fosen detidas, moitas desas Comunidades de Comunas volverían ao seu estado de sindicato, ou simplemente desaparecerían por completo en lugares onde non había sindicatos previos á lei.