Carmen Babiano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 22:
 
==Traxectoria==
Naceu en Santiago de Compostela o ano 1852. Era filla de José Babiano Rodríguez, coronel do exército, e de María del Carmen Clara Méndez Núñez, irmá do célebre almirante [[Casto Méndez Núñez]]. Sendo moi nena trasladouse a vivir a [[Pontevedra]] cos seus pais, ao domicilio da súa tía Soledad quen residía nun magnífico [[Palacete de las Mendoza|palacete]]. Rodeada dun ambiente cultural e sendo partícipe das múltiples reunións e tertuliasfaladoiros que se celebraban no seu fogar, ás que acudían os persoeiros máis relevantes da época nos ámbitos da política, cultura, etc., Carmen pronto destacou como unha pintora con moita proxeciónproxección de futuro. O seu talento foi fomentado polos seus pais que lle procuraron clases de pintura co pintor catalán [[Ramón Vives]], que se encontraba destinado no Instituto de Pontevedra.
 
Participou en varias exposicións con éxito notable. A súa obra destaca polo seu realismo, aindaaínda que carece dun estilo propio. Ademais do óleo practicou a técnica do debuxo, realizando espléndidos cadros da vida cotiá que foron publicados nalgunhas revistas. Foi colaboradora da revista [[La Ilustración Gallega y Asturiana]].
 
En 1883 casou co médico [[Víctor Mendoza Múñoz]], momento no que antepoñería o apelido Mendoza ao de [[Méndez-Núñez]], polo que nalgúns círculos a coñecen como Carmen Babiano Mendoza. A partires dese ano abandonaría a pintura para adicarse ás tarefas dunha ama de casa, aindaaínda que o seu fogar seguiría aberto ao máis florido da cultura pontevedresa. Por ese salón pasaron, entre outros, o pintor [[Carlos Sobrino]], a escritora [[Emilia Pardo Bazán]], o músico [[Manuel Quiroga Losada]], o arqueólogo [[Casto Sampedro]], os irmáns [[Andrés Muruais|Andrés]] e [[Jesús Muruais]], etcétera.
 
Carmen Babiano finou o 2 de setembro de 1914, deixando un legado artístico que consta de máis de 100 obras pictóricas que hoxe se conservan no [[Museo de Pontevedra]].
 
==Traballos==
[[Ficheiro:Pitas.JPG|thumbminiatura|As pitas.]]
En 1875 participou na exposición rexional de Galicia e [[Xogos Florais]] de Pontevedra, onde conseguiu a medalla de bronce cun ''Ecce Homo''. En 1878, na Coruña, presentou un retrato do seu tío, o almirante [[Méndez Núñez]]. En 1880 presentou en Pontevedra o cadro titulado ''As pitas'', onde destaca o realismo que caracteriza a súa obra.