Anthony Davis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua castelá (es:Anthony Davis)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 28:
Anthony Davis Jr. é fillo de Anthony e Eranier Davis. Naceu o [[11 de marzo]] de [[1993]] no South Side de [[Chicago]], [[Illinois]]. Ten unha irmá xemelga chamada Antoinette e unha irmá maior chamada Lesha, que tamén xogan a baloncesto. Na súa cidade natal acudiu ao Instituto Perspectives Charter School, un centro cun programa académico famoso polos seus programas de matemáticas e ciencias. O equipo do Perspectives milita nunha división da Chicago Public High School League, a chamada ''Blue Division'', ignorada polos medios de comunicación debido ao baixo nivel da competición. No seu primeiro ano, Davis era coñecido como "O pequeno que lanza triplas desde a esquina". Ao finalizar o seu primeiro ano no instituto medra 10 centímetros e aínda que a tempada seguinte seguiu xogando por fóra, traballou o seu xogo interior adestrando co seu tío e os seus curmáns. Durante o seu ano junior os seus pais pensaron en mudalo de instituto a un con maior repercusión mediática. Con todo Donnie Kirksey, amigo do pai de Anthony, desaconsellou tal opción dicindo que "Se es bo, dá igual onde xogues, encontraranche".<ref>{{cita web|data=29 de xuño 2012|url = http://www.marca.com/2012/06/29/baloncesto/nba/noticias/1340950671.html|título = Anthony Davis, el último paso en la evolución del baloncesto|obra=Marca|autor=García, G.|lingua=castelán|dataacceso=16 de agosto de 2015}}</ref>
 
=== UniversidadUniversidade ===
Tras terminar o instituto, Davis matriculouse na Universidade de Kentucky, onde pasou a formar parte do seu equipo de baloncesto, os [[Kentucky Wildcats]] dirixidos por John Calipari. Mesmo antes de que a súa carreira universitaria comezase, moitos analistas xa lle vían como futuro número 1 do [[Draft da NBA|Draft]].<ref>{{cita web|data=22 de novembro de 2011|url=http://dimemag.com/2011/11/the-great-debate-anthony-davis-andre-drummond-or-harrison-barnes/|título=The Great NBA Draft Debate: Anthony Davis, Andre Drummond Or Harrison Barnes|obra=Dime|autor=Lucas|lingua=inglés|dataacceso=16 de agosto de 2015}}</ref> Calipari comparou fisicamente a Davis con [[Marcus Camby]], mais afirmando que o seu pupilo era mellor driblador e tirador que Camby.<ref>{{cita web |ano = 2011 |url = http://www.ukathletics.com/sports/m-baskbl/mtt/davis_anthony00.html |título = 23 Anthony Davis |editor = [[Kentucky Wildcats]] |idioma =Inglés |fechaacceso = 19 de maio de 2012}}</ref>