Sada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Caronium (conversa | contribucións)
eleccións 2015
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=agosto de 2015}}
{{Outroshomónimos|Sada (homónimos)|Sada}}
{{Coordenadas|43|21|N|8|15|W|display=title}}
Liña 73 ⟶ 74:
Na primeira etapa, entre [[1674]] e [[1762]], instaláronse fábricas téxtiles de varios tipos, todas elas promovidas polos [[Flandres|flamengos]] Baltasar de Roo e Adrián Kiel, que chegaran a Galicia exiliados do seu país natal.
No [[1674]] fundarían a fábrica de enxarcia e lona que, asemade, había ser a máis duradeira. Comezaron empregando maioritariamente a persoal especializado de orixe flamenga, mais pronto incorporarían a boa parte da poboación sadense, ata o punto de abandonárense en boa medida as tradicionais actividades pesqueiras. A gran maioría dos habitantes da vila e das parroquias lindeiras traballaban na industria, aínda que os cargos de responsabilidade os seguían a ocupar os flamengos. A fábrica surtíaprovía das pertinentes teas e cordeis á Real Armada, polo que recibiu numerosos privilexios do rei [[Carlos II]]. Co obxecto de garantir a súa seguridade ergueríanse as baterías defensivas de Fontán primeiro e Corbeiroa despois. Esta puxanza quebraría á morte dos fundadores, a de Roo en circunstancias violentas, pois os seus descendentes non terían capacidades nin entendemento entre si para continuar á fronte. Así, a fábrica remataría abandonada ata que a propia Coroa se fixo cargo dela, xa coma ''Real Fábrica de Jarcia y Lona'', revitalizándoa en gran medida. Non obstante, no [[1762]] sería trasladada a [[Ferrol]], nunha ría máis pechada e, xa que logo, máis defendible ante un ataque marítimo.
 
Aproveitando a puxanza da fábrica de enxarcia e lona, Roo e Kiel puxeran adiante no século XVII outras dúas empresas similares. En primeiro lugar, no [[1674]] fundarían unha fábrica de mantelería e lenzos, surtidoraprovedora da Casa Real, introducindo así o cultivo do liño en [[Galicia]]{{Cómpre referencia}}. Once anos despois emprenderían o terceiro reto, a fábrica de panos, confeccionando produtos de excelente calidade. Tanto que espertaron as iras dos ingleses, que vían perigar a súa oligarquía comercial neste sector. No [[1713]], coa morte de Roo, pechaba esta última fábrica, e no [[1725]], a de mantelería era trasladada á [[A Coruña|Coruña]].
 
===== Industria da salga =====
Liña 98 ⟶ 99:
 
===== A Guerra Civil e o Franquismo =====
[[Ficheiro:A Terraza, Sada, fachada dianteira.jpg|miniatura|dereita|A Terraza.]]
Mais todo isto virase abaixo tralo golpe militar de xullo do [[1936]]. En Sada terase coñecemento da nova o mesmo día 18. [[José Monzo|José Monzo Ríos]], Presidente do [[Sindicato de Oficios Varios de Sada|Sindicato de O.V.]], Secretario da [[CNT]] en Sada e cabeza da agrupación local da [[FAI]], dirixirá unha expedición de tres camións á Coruña co obxecto de conseguir armas para a defensa de Sada, mais estas lles serán negadas. Así, os falanxistas, dirixidos por Oliete, tomarán a vila o día 23, comezando así o calvario de moitos que, por non compartiren as ideas políticas do novo réxime, terán que se agochar ou fuxir. O alcalde Fernández Pita será encarcerado e sometido na Coruña a un consello de guerra sumarísimo que o condenaría a morte, sendo executado o [[27 de novembro]] dese mesmo ano. En Sada serían paseados numerosos sindicalistas.
 
Liña 300 ⟶ 301:
== Patrimonio ==
=== Patrimonio arquitectónico ===
O patrimonio [[arquitectura|arquitectónico]] conservado é, desgraciadamente, escaso en comparación co que existía hai poucos anos. A especulación urbanística e a pouca concienciación levou á desaparición de numerosos vestixios arqueolóxicos ou arquitectónicos de carácter así popular coma modernista.
 
Hoxe consérvanse:
Liña 329 ⟶ 330:
* [[Pazo de Meirás|Torres de Meirás]] (Meirás).
* Casa da Granxa ou de Barrié (Mondego).
Neste apartado cabe resaltar a recente desaparición (no ano 2006) da decimonónica ''Casa Campanioni'', en [[Riobao]], soberbia edificación rodeada por un fermoso xardín francés; e a ''Casa do Sarxento'', en [[Meirás, Sada|Meirás]]. Foron derrubadas para construíren un edificio de pisos e unha urbanización respectivamente.
 
===== Outros =====