Alfredo Vicenti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 9:
O [[cardeal]] [[Payá y Rico]] excomungouno ese mesmo ano e en 1880 marchou a [[Madrid]]. Alí substituíu a [[Manuel Murguía]] na dirección de ''[[La Ilustración Gallega y Asturiana]]'' de [[Alejandro Chao]] (1880-1882); tamén foi unha peza importante na progresión de ''El Globo'', o gran diario de [[Emilio Castelar]] (1880-1895).
 
Aínda o dirixía, cando logrou convocar representantes de máis de vinte xornais e seis axencias de distintas tendencias políticas para crear a [[Asociación de la Prensa de Madrid]] (15 de febreiro de 1895). Cedeu a Miguel Moya a presidencia e, descontento coa deriva política de Castelar, abandonou ''El Globo'' e grazas a Moya introduciuse como redactor xefe de ''[[El Liberal]]'' do que foi director de [[1907]] ata que morreu en [[1916]].
 
En [[1910]] participou en mitins agrarios en Galiza e chegou a ser candidato republicano-agrario a Cortes polo distrito de Becerreá nas [[Eleccións Xerais 1910 en España|eleccións de 1910]], sendo derrotado por [[Antonio Goicoechea Cosculluela]]; porén foi elixido deputado polo distrito de [[Santa Cruz de Tenerife]]. Volveu ser elixido deputado polo distrito de [[Ordes]] nas [[Eleccións Xerais 1914 en España|eleccións de 1914]] e polo de [[Arzúa]] en [[Eleccións Xerais 1916 en España|1916]].
 
O seu ideario era o do partido demócrata e sostivo unha ideoloxía republicana e federal, partidaria da autonomía galega, iberoamericanista, anglófila e lusitanista. Anticlerical, defendeu con todo a liberdade de cultos. Foi amigo de [[Benito Pérez Galdós|Galdós]], de [[Ramón María del Valle-Inclán]], a quen descubriu, e de [[Castelao]].
Liña 20:
Pertenceu á chamada [[xeración do 68]] ou [[xeración de Fonseca]] xunto cos irmáns [[Muruais]] e [[Rafael Villar]] (avogado do cura [[Galeote]]).
 
Foi famoso polas súas descricións e perfís biográficos, os seus artigos de fondo e os seus editoriais. Pero foi tamén un extraordinario reporteiro, que cubriu a grave enfermidade de [[Afonso XII]], a cuestión das [[Illas Carolinas]], a presenza do protestantismo, a prerrevolución rusa de [[1905]] ou o asasinato do bispo de Madrid. Deu conferencias no Ateneo. En [[Madrid]] defendeu e divulgou as ideas do movemento agrario [[Acción Gallega]].
 
Escribiu un volume titulado ''Recuerdos, (1868-1875): colección de poesías'' (Ourense: Estab. Tipográfico da Propaganda Galega, [[1876]]), que tivo segunda edición en [[1878]] e está prologado por [[Manuel Murguía]]. Tamén publicou ''Dioses menores: A orillas del Ulla (Perfiles gallegos) (1875-1881)''. Imprimiuse o seu ''Discurso pronunciado por Alfredo Vicenti no Congreso dos Deputados o día 2 de xuño con motivo da discusión dos orzamentos'', (Madrid, [[1887]]).
 
A [[Asociación de la Prensa de Madrid]], o [[Consello da Cultura Galega]] e a [[Deputación Provincial de Pontevedra]] recuperaron a través do historiador [[José Antonio Durán]] a figura de Vicenti e moitos dos seus escritos.
 
==Véxase tamén==
Liña 32:
===Ligazóns externas===
*[http://www.tallerediciones.com/cuza/modules.php?name=News&file=article&sid=147 Alfredo Vicenti: o mestre do xornalismo español] {{Ligazón morta}}
*[http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLSS.fmt&DOCS=1-100&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%28119250.NDIP.%29 Ficha no Congreso dos Deputados]