Tyson Chandler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Traxectoria adaptada da wikipedia en lingua castelá (es:Tyson Chandler)
Liña 22:
{{enuso}}
'''Tyson Cleotis Chandler''', nado o [[2 de outubro]] de [[1982]] en [[Hanford, California|Hanford]], [[California]], é un xogador de [[baloncesto]] profesional [[Estados Unidos|estadounidense]] que xoga como [[Pivote (baloncesto)|pivote]] nos [[Phoenix Suns]] da [[National Basketball Association]] (NBA). Aínda que foi seleccionado no [[Draft da NBA]] por [[Los Angeles Clippers]], non chegou a xogar co equipo [[Os Ánxeles, California|anxelino]], comezando a súa carreira profesional nos [[Chicago Bulls]]. Tamén xogou tamén nos [[New Orleans Hornets]], nos [[Charlotte Bobcats]], nos [[Dallas Mavericks]] e nos [[New York Knicks]].
 
== Traxectoria ==
=== Instituto ===
Chandler foi ao Instituto Dominguez High School dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], onde foi elixido no equipo McDonald's All America, que selecciona os mellores xogadores de instituto do país. Antes de dar o paso directamente á [[NBA]], sen pasar pola universidade, gañou o título estatal de [[California]] co seu equipo.
 
=== Profesional ===
Foi elixido na segunda posición do [[Draft da NBA]] de 2001 por [[Los Angeles Clippers]], club que inmediatamente traspasou os seus dereitos aos [[Chicago Bulls]] a cambio do [[Rookie do Ano da NBA|Rookie do Ano]] [[Elton Brand]]. A súa traxectoria en Chicago non foi todo o brillante que se esperaba. Problemas de lesións nas costas, unido a un problema de faltas persoais en xogo, fixeron que non se convertese nun xogador determinante. Destacou sobre todo en defensa co seu poder de intimidación e a súa achega no rebote, feito este último que se viu con máis claridade na tempada {{nbay|2006|trunc=y}}, cando foi traspasado a [[New Orleans Hornets]] a cambio de [[J.R. Smith]] e [[P.J. Brown]], converténdose no máximo reboteador ofensivo da liga, con 320 capturas (4,4 por partido).
 
O [[27 de xullo]] de [[2009]] foi traspasado a [[Charlotte Bobcats]] a cambio de [[Emeka Okafor]].<ref>{{cita web|url=http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=4359609|título=Sources: Hornets, Cats agree on deal|autor=Stein, Marc|data=28 de xullo de 2009|dataacceso=13 de agosto de 2015|obra=ESPN Sports|lingua=inglés}}</ref> Tras unha tempada discreta no equipo de [[Carolina do Norte]], o 13 de xullo de 2010, é traspasado aos [[Dallas Mavericks]] xunto con [[Alexis Ajinça]] a cambio de [[Matt Carroll]], [[Erick Dampier]] e [[Eduardo Nájera]]. No equipo [[Texas|texano]] gaña o campionato da NBA, aínda que a seguinte temporada muda de equipo ao asinar cos [[New York Knicks]]. Alí foi elixido [[Mellor Defensor da NBA|Xogador Defensivo do Ano]], sendo o primeiro xogador do equipo neoiorquino que logra esta distinción. Tras tres temporadas cos Knicks, o 25 de xuño de 2014 volve, xunto ao base [[Raymond Felton]], aos [[Dallas Mavericks|Mavericks]], que a cambio ofreceron a [[Shane Larkin]], [[Wayne Ellington]], [[José Calderón]], [[Samuel Dalembert]] e dúas seleccións de segunda rolda no Draft da NBA de 2014.<ref>{{cita web|url=http://espndeportes.espn.go.com/news/story/_/id/2120502/mavs-recuperan-a-tyson-chandler|título=Mavs recuperan a Tyson Chandler|data=25 de xuño de 2014|dataacceso=13 de agosto de 2015|obra=ESPN Deportes|lingua=castelán|autor=NAva, Carlos}}</ref> O movemento reuniu a Chandler co seu compañeiro de equipo [[Dirk Nowitzki]] e co adestrador [[Rick Carlisle]], os cales xunto a Chandler formaron parte do campionato dos [[Dallas Mavericks]] na [[tempada 2010-11 da NBA]]. Tras acabar o ano en Dallas, en xullo de 2015 firma como axente libre por [[Phoenix Suns]] por un total de catro tempadas e máis de 50 millóns de [[dólar estadounidense|dólares]].
 
== Notas ==