Testosterona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 201:
 
# Efectos androxénicos adversos (masculinización): Estes efectos son dependentes da dose en xeral e ocorren cando os tecidos diana son estimulados excesivamente. Adquiren unha maior trascendencia na muller e nos nenos en idade prepuberal. Na muller pode aparecer crecemento da barba, voz grave, irregularidades do [[ciclo menstrual]], [[amenorrea]], aumento da masa muscular viril, hipertrofia do [[clítoris]] e outros. Estes efectos ocorren en realidade despois de tratamentos prolongados, como no tratamento paliativo do [[cancro de mama|cancro mamario]] metastásico. En nenos na fase prepuberal, a testosterona acelera o peche das epífises, produce unha maduración sexual precoz e detención do crecemento. Nos homes a testosterona pode producir [[priapismo]], [[acne]], [[policitemia]] moderada e aumento do tamaño [[próstata|prostático]]. Por este motivo os andróxenos están contraindicados ante a sospeita dun [[cáncer de próstata]]. Os andróxenos tamén producen unha diminución das HDL ([[lipoproteína de alta densidade|lipoproteínas de alta densidade]]) polo que son [[arteriosclerose|ateroxénicos]] (favorecen a arteriosclerose).
# [[Hepatotoxicidade]]: Ictericia colestásica. Os andróxenos 17-alquil-substituídos como a metiltestosterona e a fluoximesterona poden producir ictericia colestásica, caracterizada por [[ictericia]], acumulación e espesamento da [[bile]] nos canalículos biliares dos lobuliños hepáticos. Este efecto pode ser unha resposta idiosincrática. En principio non hai danos nos [[hepatocito]]s, nin obstrución dos canalículos biliares maiores. A ictericia acompáñase de hiperbilirrubinemia, aumento de [[aspartato aminotransferase]] e [[fosfatase alcalina]]. A ictericia colestásica non se observa coa administración parenteral da testosterona. Os andróxenos de uso oral polo tanto, deben ser soamente utilizados en tratamentos de curta duración e están contraindicados en pacientes con enfermidade hepática.
# Carcinoma hepático: A incidencia de [[adenocarcinoma hepático]] aumenta significativamente en pacientes que recibiron tratamentos con andróxenos 17-alquil-substituídos, durante longo período de tempo (1 a 7 anos).
# Cáncer de próstata: Describiuse que homes [[fisioculturista]]s que consumiron [[anabolizante androxénico|anabolizantes androxénicos]] coa intención de aumentar a súa masa muscular e rendemento físico, desenmvolveron [[cáncer de próstata|carcinoma prostático]] precozmente (antes dos 50 anos). Pero polos estudos dos últimos anos parece que a testosterona afecta a cánceres xa existentes, máis que aos non desenvolvidos aínda.