Diferenzas entre revisións de «Carapucha 5'»

m (Bot: Cambio o modelo: Cita publicación)
O punto de comezo para a formación da carapucha ('''''capping''''') é o extremo 5' inalterado dunha molécula de ARNm. Este presenta un nucleótido final unido a tres grupos fosfato polo carbono 5'.
 
# Un dos grupos fosfato terminais é eliminado por unha [[fosfatase]] terminal do ARN, o que deixa só dous fosfatos.
# Unha [[guanilil transferase]] utiliza como [[substrato encimático|substrato]] un [[GTP]] para engadir un [[GMP]] aos devanditos dous fosfatos terminais. No proceso pérdense dous grupos fosfato procedentes do GTP, polo que o que se engade realmente é [[GMP]]. Como o GMP se uniu polo seu único fosfato aos dous grupos fosfato que xa estaban no extremo, fórmase un enlace 5′–5′ trifosfato.
# O nitróxeno en posición 7 da [[base nitroxenada]] [[guanina]] do GMP é [[metilación|metilado]] seguidamente por unha metil transferase.
189.999

edicións