Músculo liso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 122:
A fosforilación das cadeas lixeiras da miosina MLC<sub>20</sub> correlaciónase ben coa velocidade de acurtamento do músculo liso. Durante este período hai un rápido aumento na utilización de enerxía medida polo consumo de oxíxeno. Poucos minutos despois do inicio, os niveis de calcio diminúen marcadamente, a fosforilación das cadeas lixeiras de miosina MLC<sub>20</sub> diminúe, e a utilización de enerxía baixa e o músculo pode relaxarse. Aínda así, o músculo liso ten a capacidade nesta situación de manter a forza de forma sostida. Esta fase sostida atribúese a certas pontes cruzadas da miosina, denominadas pontes de ferrollo (''latch-bridges''), que teñen un ciclo moi lento, o que diminúe notablemente a velocidade da progresión á etapa do ciclo na que a miosina desfosforilada se despega da actina, mantendo así a forza a un custo enerxético baixo.<ref name=aguilar2010/> Este fenómeno é de gran valor, especialmente para o músculo liso tonicamente activo.<ref name=aguilar2010/>
 
As preparacións illadas de músculo liso vascular e visceral contráense con soro fisiolóxico equilibrado alto en potasio despolarizante, xerando unha certa cantidade de forza contráctil. A mesma preparación estimulada en soro fisiolóxico equilibrado normal cun agonista como a [[endotelina]] ou a [[serotonina]] xera máis forza contráctil. Este incremento de forza denomínase sensibilización ao calcio. A [[fosfatase]] da cadea lixeira da miosina é inhibida para incrementar a ganancia ou sensibilidade ao calcio da quinase da cadea lixeira da miosina. Hai varias vías de [[sinalización celular]] que se cre regulan esta diminución na fosfatase da cadea lixeira da miosina: unha vía da quinase RhoA-Rock, unha na que interveñen a proteína inhibidora 17 (CPI-17) e a proteína quinase C, teloquina, e unha vía Zip quinase. Ademais as Rock e Zip quinases están implicadas na fosforilación directa das cadeas lixeiras de miosina de 20kd.
 
====Outros mecanismos contráctiles====