Ciclismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Ciclismo''' é un [[deporte]] de carreira de [[bicicleta]] no que o obxectivo dos participantes é ben chegar primeiro a determinada meta ou ben cumprir un determinado percorrido no menor tempo posíbel.
 
Foi en [[Inglaterra]], en mediados do [[século XIX]], cando comezou o ciclismo como deporte. As probas ciclistas xeralmente encádranse en tres categorías: probas en [[Ciclismo en ruta|estrada]], probas en [[Ciclismo en pista|pista]] e probas de [[Ciclismo de montaña|montaña]] ([[bicicleta de montaña]]), [[ciclocross]] eou [[BMX]]) e practícase con diversos tipos e modelos de bicicletas.
 
Nas de ''bicicleta de montaña'' existen varias especialidades: o [[cros (ciclismo)|cros]], que é unha proba de longa distancia que se disputa en todo o tipo de terreo, de preferencia no monte, e combinando distintas inclinacións e dificultades; o [[free ride]], cun andamento máis extremo en que se dá preferencia a saltos e *descidas; o [[descenso (ciclismo)|descenso]] que é a versión máis extrema e perigosa do ciclismo de montaña que consiste soamente en descender, normalmente a velocidades altas, en [[contra o reloxo]], por terreos de monte. Cando se fai en cidade chámase [[descenso urbano]]. Unha variante do descenso é o [[four-cross]] ou 4x, que consiste nunha competición de descenso de monte onde compiten ao mesmo tempo catro ciclistas e onde ó perigoso e á espectacularidade do anterior se lle suma a posibilidade do contacto físico entre as e os participantes.