Albrecht Dürer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 103:
Ficheiro:Dürer_Melancholia_I.jpg|''A melancolía'', 1514
</gallery></center>
 
== Derradeira viaxe e últimas obras ==
En [[1520]] Dürer decatouse de que [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I]], sucesor de [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I]], ía viaxar dende [[España]] a [[Aquisgrán]] para ser coroado [[emperador]] do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. Durero recibira unha pensión anual por parte de Maximiliano e tiña a intención de que Carlos I mantivese esa asignación. Emprendeu a viaxe a Aquisgrán, que financiou vendendo gravados e outras obras durante o traxecto, e de alí pasou ao [[Países Baixos]] entre [[1520]] e [[1521]]. O seu diario proporciónanos un fascinante relato destas viaxes, das audiencias dos monarcas e dos recibimentos que lle brindaron os seus compañeiros artistas, coma [[Lucas van Leyden]], especialmente en [[Antuerpen]].
 
Resultou moi satisfactoria a súa audiencia con Carlos I. Regresou a Núremberg, onde habería de permanecer ata a súa morte, o [[6 de abril]] de [[1528]]. As súas últimas obras son dúas grandes táboas nas que están representados ''Catro apóstolos'' (cara a [[1526]], [[Alte Pinakothek]] Múnich), que ofreceu coma agasallo á cidade de Núremberg.
 
== Influencia posterior ==