Vishnu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Norrin strange moveu a páxina "Vishnu" a "Visnú": Ref
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Vishnu.jpg|dereita|Vishnu cos seus atributos]]
'''VishnuVisnú'''<ref name="Diciopedia">«Visnú». {{cita libro |título=[[Diciopedia do século 21]] |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editorial=Editorial Galaxia |páxina=2188|volume=3}}</ref> - en [[lingua sánscrita|sánskrito]] '''Viṣṇu''' - tamén denominado '''Hari''', é un deus [[Hinduísmo|hindú]], asociado á conservación e á protección. É o segundo deus da ''[[trimurti]]'' (''tres formas'', ás veces traducido inexactamente como ''trindade'' hindú), con [[Brahma]] e [[Shiva]]. É unha divindade de vida-morte-resurrección.
[[Ficheiro:Avatars of Vishnu.jpg|esquerda|miniatura|Vishnu explícalle a [[Arjuna]] os seus doce [[avatar]]es.]]
A ''trimurti'' representa o ciclo vital :
Liña 10:
Vishnu é representado a miúdo sentado ou repousando sobre un [[Loto (planta)|loto]]. A súa esposa é [[Lakshmi]], a [[deus]]a da riqueza e da boa fortuna, a súa montura [[Garuda]], a [[aguia]]. Vishnu, con axuda dos [[rishi]]s, negociou a tregua entre [[Vritra]] e [[Indra]].
A Terra, [[Bhūmi]] ou Bhû Devi, é tamén, ás veces, considerada como súa esposa. Vishnu salvouna, de feito, das augas sob a forma do seu [[avatar (hinduísmo)|avatar]] [[Varâha]]. Os seus lazos matrimoniais ligan o deus con a [[realeza]], a Terra (Bhūmi) e a fortuna ([[Lakshmi]]), sendo os dous principios unidos ao rei. En efecto, un dos termos para designar o rei en [[lingua sánscrita|sánscrito]] é ''bhūpati'', que pode significar "amo" ou "esposo" da Terra, sendo o termo ''pati'' ambivalente. A [[mitra (indumentaria)|mitra]], da que está [[Touca (vestiario)|touca]]do, confirma esta función real e demostra que no [[hinduísmo]] posvédico, mesmo se Indra posúe sempre o título de rei dos deuses, é Vishnu de feito quen opera con esa función. Esta preeminencia está, por outra banda, confirmada por numerosos mitos, nos que Vishnu ou un dos seus avatares humilla a Indra. Como especialmente acontece no episodio de [[Krishna]] levantando o monte [[Govardhana]].
== Notas ==
{{Listaref}}
 
[[Categoría:Hinduísmo]]