Ashanti Alston: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xosé (conversa | contribucións)
Retiro negritas
Liña 1:
'''Ashanti Alson Omowaii''', é un activista [[anarquismo|anarquista]], orador, escritor e ex-membro do [[Panteras Negras|'''Partido Pantera Negra''']], así como do '''[[Exército Negro de Liberación]]'''. Polos actos relacionados con esta última militancia pasou máis dunha década na cadea acusado de asalto a man armada, aínda que el mesmo, ao non recoñecer o dereito de propiedade, denominaba esas accións como "expropiacións bancarias".
 
Actualmente é o coordenador para o nordeste dos '''[[Estados Unidos]]''' do movemento '''[[Resistencia Crítica]]''' ('''Critical Resistance'''), codirixente do National Jericho Movement (organización que loita pola liberación dos presos políticos estadounidenses), e membro da organización pro-[[zapatismo|zapatista]] para persoas de cor '''[[Estación Libre]]''', pertence tamén ao '''Instituto de Estudos Anarquistas'''. Ademais disto elaborou catro números do fanzine "@narchist Panther Zine" (Fanzine do Pantera Anarquista), nome orixinado no feito de que, apesar da disolución da organización, Alston segue a considerarse un [[Panteras Negras|Pantera Negra]] e tense referido a si mesmo como o Pantera Anarquista. No citado medio defínese a si mesmo como un [[anarquismo negro|anarquista negro]] e un [[post-anarquismo|anarquista posmoderno]].
 
Alston tense oposto nas súas publicacións ás ideas de movementos como '''[[Persoas Anarquistas de Cor]]''' ('''Anarchist People of Color'''), no relativo á cuestión do [[nacionalismo]] negro. Esta organización defende a teoría de que un [[nacionalismo]] negro non sería maís que unha contraposición do [[nacionalismo]] branco existente, e representaría unha base racista incompatíbel coas posturas do [[anarquismo]]. A postura de Alston é próxima ao nacionalismo negro, pero non tan radical como a de [[Lorenzo Kom'boa Ervin]] que promulgan eliminar do anarquismo á xente que non sexa de cor.
 
Nos últimos tempos Alston aproximouse ao movemento de defensa dos [[dereitos dos animais]], através da súa amizade co activista preso [[Andy Stepanian]], do [[SHAC 7]]. Nese sentido ten participado como voceiro en distintos congresos sobre os [[dereitos dos animais]], así como en distintas publicacións de orientación [[ecoloxismo|ecoloxista]].