Etanol (combustible): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación; cambios estética
Liña 1:
O termo '''bioetanol''' refírese comunmente a un combustíbel líquido que contén [[etanol]] (alcohol etílico) producido a partir de [[biomasa]], ben sexa en parte mesturado con [[gasolina]] ou en forma pura. As mesturas máis estendidas de gasolina con etanol son as coñecidas coma E10 e E85, co 10% de etanol e a restante parte de gasolina no primeiro caso, e co 85% de etanol e a restante parte de gasolina no segundo. Todos os motores de automóbiles a gasolina poden tolerar mesturas con etanol de até o 10% sen modificación ningunha <ref>http://www.nrel.gov/docs/fy05osti/37135.pdf </ref>.
 
O bioetanol considérase unha fonte de [[enerxía renovable]], xa que é posible obtelo a partir de fontes que se asumen infinitas, coma cultivos e residuos de varios tipos.
[[Ficheiro:Bioetanol Galicia Teixeiro-Curtis A Coruña.jpg|miniatura|Planta de bioetanol a partir de millo en Teixeiro-Curtis.]]
 
== Materias primas ==
O bioetanol, por definición, ha ser producido a partir de [[biomasa]]. O proceso de produción implica a utilización das moléculas de [[glucosa]] e outros [[Carbohidrato|azucres]] presentes na estrutura da biomasa (ben sexa como monómeros ou polímeros) e a súa conversión en etanol por medio de microorganismos coma o [[lévedo]] ou outros.
 
Nesta categoría atópanse materiais coma a [[cana de azucre]] (amplamente empregada no [[Brasil]] para este fin), cereais coma o [[millo]] (nos [[Estados Unidos de América]]), e outras [[plantas]] con alto contido en azucre ou [[amidón]]. Nos últimos anos a investigación centrouse na utilización de materiais celulósicos coma residuos agrícolas ou forestais.
 
== Produción no mundo ==
 
Até este momento, o Brasil e os Estados unidos coparon aproximadamente un 80% da produción mundial de bioetanol. O Brasil foi o país líder até o ano 2006, cando a súa produción foi superada pola dos EUA <ref>{{Cita publicación periódica
|volume=32 |edición=8 |páxinas=70–748|autor=A Walter, F Rosillo-Calle, P Dolzan, E Piacente, K Borges da Cunha |título=Perspectives on fuel ethanol consumption and trade|revista=Biomass and Bioenergy |ano=2008 |doi=10.1016/j.biombioe.2008.01.026}}</ref>.
 
En 2011, a produción mundial de bioetanol foi de 22 mil millón de [[galón|galóns]]s <ref>http://www.afdc.energy.gov/data/tab/fuels-infrastructure/data_set/10331</ref>. Os Estados Unidos contribuíron nun 62.2% a esta cifra, polo case 24.9% do Brasil e o 5.23% da Unión Europea. Os seguintes países como grandes produtores foron China e Canadá.
 
En [[Galicia]], existe unha planta de etanol a partir de millo situada no polígono industrial de Teixeiro, en [[Curtis]]. A planta, construída en [[2001]], ten unha capacidade de 196 millóns de litros ao ano, cun consumo de 340.000 toneladas de cereais<ref>http://www.abengoabioenergy.com/web/es/acerca_de/oficinas_e_instalaciones/bioetanol/europa/bioetanol_gali/index.html</ref>.
 
== Emisións ==
 
Desde un punto de vista medioambiental, as mesturas etanol-gasolina poden reducir a maioría de emisións de contaminantes en comparación coa combustión de gasolina pura. Entre estes, atópanse materiais particulados, [[dióxido de carbono]], [[monóxido de carbono]], [[hidrocarburo]]s e [[ozono]]. Por outra banda, non se aprecia unha redución significativa de óxidos de nitróxeno, e apreciouse un aumento nas emisións de acetaldehidos. <ref>{{Cita publicación periódica|volume=33 |edición=3 |páxinas=233–271|autor=A K Agarwal |título=Biofuels (alcohols and biodiesel) applications as fuels for internal combustion engines|revista=Progress in Energy and Combustion Science |ano=2007 |doi=10.1016/j.pecs.2006.08.003}}</ref>.
 
Aínda así, un estudo sobre o ciclo de vida dos combustibles, determinou que as mesturas de gasolina con etanol ocasionan menores índices de emisión de [[gases de efecto invernadoiro]] e dióxido de carbono. Esta redución de contaminantes depende da materia prima da que se derive a produción do etanol usado. Neste sentido, o uso de materiais forestais amosan o balance máis positivo <ref>{{Cita publicación periódica
|volume=9 |edición=6 |páxinas=535–555|autor=R K Niven |título=Ethanol in gasoline: environmental impacts and sustainability review article
|revista=Renewable and Sustainable Energy Reviews |ano=2005|doi=10.1016/j.rser.2004.06.003}}</ref>.
Liña 29:
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Enerxía]]
* [[Combustíbel de algas]]
* [[Biodiésel]]
* [[Biocombustible]]
* [[Cambio climático]]
* [[Impacto ambiental]]
* [[Pegada ecolóxica]]
* [[Ecoloxismo]]
 
[[Categoría:Química]]