Enfermidade celíaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Aa]ño[ ]*= +|ano=)
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación
Liña 21:
En condicións normais todo alimento inxerido debe pasar por un proceso de dixestión que o degrade en partículas máis pequenas para que estas poidan ser despois absorbidas. Esta absorción de alimentos ten lugar no intestino delgado e para que isto sexa posíbel cómpre a existencia de [[vilosidades]] que, á súa vez, poderíamos comparar con raíces microscópicas que penduran no interior do intestino. O seu papel na absorción é semellante á que realizan as raíces das árbores sendo a lonxitude destas esencial para que dita absorción se produza en maior ou menor grao. Cando a lonxitude da vilosidade é acurtada, a absorción vese reducida e a nutrición da persoa queda comprometida. E é isto precisamente o que sucede cos celíacos, que sofren dun encurtamento destas raíces, o que provoca unha intolerancia ao glute.
 
É un trastorno que aparece en persoas xeneticamente predispostas, de todas as idades a partir da [[infancia|nenez]]. Os [[síntoma]]s inclúen [[diarrea]] crónica, atraso do crecemento e/ou do desenvolvemento infantil, [[dispnea]], erupcións na pel, perda de peso, cambios no carácter, vómitos e ventre inchado, malia que estes síntomas poden estar ausentes e aparecen de cando en vez, estes síntomas poden aparecer en calquera de case todos os órganos e sistemas do corpo. Estímase que a doenza afecta ao 1% da poboación de linguas indoeuropeas, aínda que se pensa que é unha enfermidade considerabelmente subdiagnosticada. Coma resultado de exames precoces, estase ollando un número crecente de diagnosticados asintomáticos.<ref name=VanHeelWest>{{citaCita publicación periódica|autor= van Heel D, West J|título= Recent advances in coeliac disease|url = http://gut.bmjjournals.com/cgi/content/full/55/7/1037|revista= Gut|volume= 55|número= 7|páxinas= 1037–46|ano= 2006|id = PMID 16766754}}</ref> O único tratamento eficaz é o cambio a unha dieta libre de glute e permitir a rexeneración das vilosidades intestinais.
 
Malia ser un trastorno causado por unha reacción ás proteínas do trigo, non é o mesmo que unha [[alerxia]] ao trigo. O termo axeitado é '''intolerancia ao glute''', '''enteropatía sensitiva o glute''', '''esprúe endémico non-tropical''' e '''esprúe celíaco'''.<ref name=medlineplus>{{cita web
Liña 271:
 
== Doenzas asociadas ==
As doenzas a seguir foron descritas coma posíbeis asociadas á condición celíaca: diabetes melitos Tipo 1, dermatite herpetiforme, tiroidite autoinmune, hipoesplenismo, deficiencia de Ig A, gastrite atrófica, síndrome de Down, epilepsia, ataxia, neuropatía periférica, [[esquizofrenia]],<ref>{{citaCita publicación periódica|autor= Eaton W, Mortensen P, Esben A, Byrne M, Mors O, Ewald H|título= Coeliac disease and schizophrenia: population based case control study with linkage of Danish national registers|revista= British Medical Journal|volume= 328|páxinas= 438–9|ano= 2002|doi=10.1136/bmj.328.7437.438|pmid=14976100|url = http://www.bmj.com/cgi/content/short/328/7437/438|pmc=344262}}</ref> hepatite autoinmune, cirrose biliar primaria, alopecia areata, colite coláxena, trombose venosa. Así mesmo as persoas celíacas teñen máis probabilidades de sufrir [[linfoma]]s e [[cancro]] de esófago sobre todo se se incumpre a dieta libre de glute.
 
Algunhas persoas [[autista]]s poden ter concomitantemente esta enfermidade. Motivo polo que se acostuma proscribir o [[glute]] da súa dieta.