Diferenzas entre revisións de «Laocoonte e os seus fillos»

m
Bot: Cambio o modelo: Cita publicación
m
m (Bot: Cambio o modelo: Cita publicación)
 
[[Ficheiro:Antikensammlung Mannheim Laokoon.jpg|thumb|right|220px|Copia, en [[Mannheim]], do grupo tal e como estaban representados os brazos engadidos antes da derradeira restauración.]]
Unha primeira restauración realizada por Bandinelli con [[cera]], onde representou o brazo dobrado, foi modificada en [[1532]] por [[Giovanni Angelo Montorsoli]], que realizou a restauración en [[terracota]] e co brazo de Laocoonte estirado. Entre os que criticaron esta restauración atopábase [[Tiziano]], quen realizou un debuxo no que representaba a Laocoonte e os seus fillos coma se fosen tres monos.<ref>{{citaCita publicación periódica|comiñas= |apelido=Janson |nome=H. W. |ano=1946 |título=Titian's Laocoon Caricature and the Vesalian-Galenist Controversy |revista=The Art Bulletin |volume=28 |número=1 |páxinas=pp. 49-53 |idioma=inglés}}</ref> Esta caricatura foi gravada por [[Niccolò Boldrini]].
 
No [[século XVIII]], o escultor [[Agostino Cornachini]] volveu restaurar a obra, cambiando o material da restauración por mármore e aproveitou para cambiar o brazo do fillo, modificando o xesto deste, que tamén foi estirado. O ano [[1798]], tras a sinatura do [[Tratado de Tolentino (1797)|Tratado de Tolentino]], o grupo foi trasladado a [[París]] polo exército de [[Napoleón]] como parte do botín de guerra durante a súa campaña en [[Italia]],<ref>Cirlot, ''Museos del mundo'', páx. 30.</ref> pero sen os elementos engadidos, e posta no [[Museo do Louvre]] até a súa devolución ao Vaticano en [[1816]], cando se lle volveron a engadir.
393.002

edicións