Fonógrafo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación
Liña 9:
A primeira invención coñecida dun dispositivo capaz de gravar unha vibración sonora foi o "fonoautógrafo", inventado polo francés Édouard-Léon Scott de Martinville e patentado o [[25 de marzo]] de [[1857]]. Podía transcribir unha vibración sonora a un medio visible, pero non tiña un modo de ser reproducido despois. O aparato consistía nun corno ou un barril que recollía as ondas cara a unha membrana á que estaba atado unha cerda. Cando chegaba a onda, esta vibraba e movíase e a vibración sonora podía gravarse nun medio visible. Inicialmente, o fonoautógrafo gravaba nun cristal afumado. Unha versión posterior usaba un papel tamén afumado enrolado nun tambor ou cilindro. Outra versión debuxaba unha liña representando a vibración sonora nun rolo de papel. O fonoautógrafo era considerado como unha curiosidade de laboratorio para o estudo da acústica. Era usado para determinar a frecuencia dun ton e para estudar o son e a fala. Non se entendeu até despois do desenvolvemento do fonógrafo xa que a onda gravada polo fonoautógrafo era de feito unha gravación do son que só necesitaba un medio de reprodución adecuado para soar.
 
En 2008, estudosos da historia do son americanos reproduciron por primeira vez o son gravado por un fonoautógrafo.<ref name=NYT2008>{{citaCita publicación periódica|url=http://www.nytimes.com/2008/03/27/arts/27soun.html|título=Researchers Play Tune Recorded Before Edison |autor=Jody Rosen|data=27 de marzo de 2008|revista=[[New York Times]]}}</ref><ref>[http://www.publico.es/ciencias/063950/primer/sonido/jamas/grabado El primer sonido jamás grabado], en ''público.es''. Publicado o 28/03/2008</ref><ref>[http://www.elpais.com/articulo/internet/frances/consiguio/grabar/sonido/anos/Edison/elpeputec/20080328elpepunet_6/Tes Un francés consiguió grabar sonido 17 años antes que Edison], en ''[[El País]]'', 28/3/2008.</ref>
 
[[Ficheiro:Au Clair de la Lune (1860).ogg|miniatura|Au Clair de la Lune. Este fonoautograma de 1860 (por [[Édouard-Léon Scott de Martinville|Leon Scott]]) é a primeira gravación coñecida reproducible e recoñecible dunha voz humana.]]