Asiria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 8:
|s1 =
|bandeira_s1 =
|ano_comezo = 1813 a. C.
|ano_fin = [[-609|609 a. C.]]
|imaxe_bandeira =
|bandeira =
Liña 17:
|himno_nacional =
|imaxe_mapa = Assyrie_general.PNG
|localización_lenda = En vermello, a rexión orixinal de Asiria, en laranxa, o imperio baixo Assurbanipal (668-627 a. C)
|capital = Assur, Nínive
|idioma_oficial = O [[lingua acadia|acadio]], coas súas dúas variantes: o asirio e o babilonio.
Liña 29:
 
 
'''Asiria''' foi un país da [[Idade Antiga|antigüidade]] situado no [[Asia|suroeste asiático]] na antiga [[Mesopotamia]], no val do río [[Tigris]] cuxos límites foron: aoó norte das montañas de [[Armenia]], aoó sur [[Caldea]] ([[Babilonia]]), aoó leste a [[Media (Oriente Medio)|Media]] e aoó oeste [[Mesopotamia]].
 
A cidade máis importante achábase ás beiras do Tigris, aoó lado do templo da súa principal divindade Assur; a cidade tamén se chamaba [[Assur]] ou El-Assur e o país tomou o mesmo nome denominándose Asiria. Outras cidades importantes foron [[Nínive]], [[Harran]], [[Nimrud]], [[Dur-Sarrukîn]] (actualmente chamada Khorsabad). A civilización asiria é moi antiga. Así o confirman os achados arqueolóxicos que apareceron entre as dunas de Nimrud e Khorsabad.
 
== Historia ==
Sometidos ó principio á dominación de [[Sumeria|Sumer]], e despois á de [[Acad]], os asirios fan a súa aparición na Historia no transcurso da primeira metade do terceiro milenio a. C. (fundación de [[Assur]]). No século XVIII a. C. construíron o primeiro Imperio (reino de [[Samši-Adad I]]) pero o seu desenvolvemento foi roto por [[Babilonia]] (conquista de [[Hammurabi]]). A potencia asiria manifestouse novamente no século XII a. C. con [[Teglatfalasar I]] (1112-1074 a. C.), vencedor dos [[arameos]] e grazas á súa organización militar impúxose plenamente baixo o reinado de [[Teglatfalasar III]] (746-727 a. C.), que anexionou [[Siria]] e exerceu o seu control sobre Babilonia. Baixo a dinastía dos [[Sargónidas]], comezada por [[Sargón II]] (721-705 a. C.), Asiria coñeceu unha prosperidade sen precedentes, estendeuse por toda [[Asia]] occidental desde [[Persia]] ata o [[Mediterráneo]], e chegou ata [[Tebas, Exipto|Tebas]] e [[Exipto]], sometido por [[Assurbanipal]] (669-631 a. C.). As súas grandes cidades son [[Assur]], [[Nínive]], [[Nimrod]] e [[Dũr-Sarrukîn]] (na actualidade, [[Korsabad]], cidade de [[Iraq]]), nova capital dos Sargónidas. Pero a inmensidade deste imperio fíxoo vulnerable: afundiuse definitivamente no 614-612 a. C. (caída de Nínive), incapaz de resisti-los ataques dos exércitos [[medas|medos]] e dos babilonios.
 
== Arte: ==
Liña 40:
A arte asiria caracterízase polas súas enormes construcións de ladrillo (ruínas mal conservadas de palacios, de templos, de elevados [[zigurat]]s polícromos) pola súa escultura maciza (moi pocas estatuas exentas e numerosos [[baixorrelevo]]s de [[alabastro]] nos que figuran grandes escenas de caza), polas súas decoracións de ladrillo esmaltado e polas súas xemas gravadas en oco. Glorifica a guerra e a caza.
 
O Imperio [[Mesopotamia|mesopotámico]] estableceuse dende o século XVIII ó VII a. C.
{{Mesopotamia}}
==Ligazóns externas==