Alexitimia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *palavra, e outros
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación; cambios estética
Liña 4:
Un dos principais [[síntoma]]s é a confusión entre [[sensación]]s e [[sentimento]]s, e gran dificultade de expresar os sentimentos a través de [[palabra]]s. Actualmente, o método máis utilizado para diagnosticar e cualificar a alexitimia é a Escala de Alexitimia de Toronto (Toronto Alexithymia Scale ou TAS-20).
 
Trátase dun transtorno moi estendido entre a poboación: afecta a unha de cada sete persoas. En particular, a alexitimia maniféstase no 85% dos afectados por trastornos do espectro autista.<ref>{{citaCita publicación periódica| autor= Hill E, Berthoz S, Frith U |ano= 2004 | título= Brief report: cognitive processing of own emotions in individuals with autistic spectrum disorder and in their relatives | revista=Journal of Autism and Developmental Disorders | volume= 34 | número= 2 | páxinas= 229–235 }}</ref><ref>[http://www.revneurol.org/sec/resumen.php?or=web&i=e&id=2009770&vol=50&num=S03 Paula-Pérez, I; Alexitimia y síndrome de Asperger, Rev Neurol. 2010 Mar 3;50 Suppl 3:S85-90]</ref>
 
Os neurólogos observaron anomalías nunha zona cerebral coa función de vincular o crisol das emocións coa zona que toma coñecemento destas emocións, as analiza e as formula. Os alexitímicos, en lugar de mostrar unha actividade cerebral adaptada á intensidade emotiva da situación, como é o caso normal, manifestan unha actividade ou demasiado débil ou demasiado intensa, que perturba a apreciación xusta da experiencia emocional.
 
== Definición ==
A alexitimia pode describirse como a dificultade para verbalizar estados afectivos e diferencialos de sensacións corporais; falta de capacidade introspectiva, e tendencia ao conformismo social e ás condutas de acción fronte a situacións conflitivas (R. Sivak, 1997). A alexitimia, é inicialmente observada en pacientes con trastornos psicosomáticos, na actualidade relaciónase con toxicomanías, trastornos da conduta alimentaría, psicopatías e estrés postraumático, e constitúe un factor de vulnerabilidade somática fronte a situacións de sobrecarga psíquica. Na década dos 1970, P. Sifneos e J. Nemiah, observaron en pacientes psicosomáticos unha dificultade para expresar os seus estados afectivos con palabras, así como para diferenciar sensacións corporais de afectos. Considerárono unha perturbación cognitivo–afectiva, que denominaron alexitimia, que significa literalmente “ausencia [ou incapacidade] de verbalización de afectos”. Refírese a un estilo cognitivo caracterizado pola inhabilidade para verbalizar sentimentos e discriminalos, polo que o suxeito presenta unha tendencia á acción fronte a situacións conflitivas.
 
Liña 26:
<references />
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://espectroautista.googlepages.com/OAQ-es.html Cuestionario de Alexitimia en Liña] {{es}}
 
[[Categoría:Cognición]]