Fibra de Purkinje: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m ref
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación; cambios estética
Liña 28:
| Nervio =
| Linfa = Plexo linfático subepicárdico
| Precursor = [[miocardio]] primario<ref name=FACMEDUNAM>{{citaCita publicación periódica |url=http://132.248.233.60/deptos/embrio/images/PDF/desarrollo_corazon.pdf |título=Desenvolvemento do corazón |editorial=[[Facultad de Medicina de la UNAM]] |obra=Proxecto docente 2010 |dataacceso=6 de abril de 2012|lugar=[[México]]|autor=Departamento de embrioloxía}}</ref>
| MeshName =
| MeshYear =
Liña 36:
 
 
As '''fibras de Purkinje''' son células do [[miocardio]] especiais situadas nas paredes internas dos [[ventrículo (cardíaco)|ventrículoventrículos]]s do [[corazón]], xusto debaixo do [[endocardio]]. Trátase de [[fibra muscular|fibras musculares]] do miocardio especializadas en conducir os impulsos eléctricos, que fan que o corazón se contraia de forma coordinada. As fibras de Purkinje saen do [[nodo auriculoventricular]] seguindo o [[feixe de His]] (ou feixe auriculoventricular) e penetran nos ventrículos. O feixe de His divídese case inmediatamente en rama esquerda e dereita, as cales discorren por debaixo do endocardio polo tabique que separa os dous ventrículos, chegan ao extremo inferior do tabique e soben, ramificándose pola parede dos ventrículos <ref name="Guyton">Guyton A.C. Tratado de Fisiología Médica. 6ª edición. Interamericana. Páxina 200.</ref>.
 
O nome destas fibras débese a que foron descubertas polo anatomista checo [[Jan Evangelista Purkyně]] (pronunciado en checo "purkiñe", |ˈpurkɪɲɛ| e tamén escrito Johannes Evangelista Purkinje) en 1839. Non se deben confundir estas fibras musculares coas [[célula de Purkinje|células de Purkinje]], que son [[neurona]]s do [[cerebelo]], tamén descubertas por este investigador.
 
== Histoloxía ==
As fibras de Purkinje son longas e teñen formas variables, irregulares e raras, con expansións, e a miúdo envolven a outras fibras. Teñen un ou dous núcleos, abundantes mitocondrias e glicóxeno, pero as súas [[miofibrila]]s son relativamente escasas, periféricas, separadas e pouco ordenadas comparadas coas das fibras cardíacas normais (por iso a penas se contraen). Teñen extensas áreas de contacto mútuas e moitos desmosomas e tamén áreas con [[unión comunicante|nexos]], pero non os discos intercalares típicos das fibras musculares <ref>Fawcett D.W. Tratado de Histología. 11ª edición. Interamericana-Mc Graw Hill. Páxinas 306-310</ref>. Transmiten os impulsos a unha velocidade de 1,5 a 4 m/s, que é unhas 6 veces maior ca a velocidade de condución polas fibras do ventrículo <ref name="Guyton"/>.
 
== Función ==
A frecuencia do latexo cardíaco está controlado por diversas influencias procedentes do [[Sistema nervioso autónomo]]. As fibras de Purkinje non desenvolven ningunha función coñecida no establecemento da frecuencia cardíaca, pero están influenciadas polas descargas do [[Sistema nervioso simpático]] procedentes do [[nodo sinoauricular]] e do [[ganglio]] espiñal accesorio torácico.
 
Liña 50:
A descarga ventricular conducida polas fibras de Purkinje móstrase nos [[electrocardiograma]]s estándar como o complexo QRS da gráfica.
 
As fibras de Purkinje tamén teñen a capacidade de descargar automaticamente,<ref>[http://biomed.engr.sc.edu/bme_lab/lab%20reports/36)%20ECG%20I.pdf Electrocardiography I laboratory. Cleveland Medical Devices Courses.]</ref> enviando impulsos cunha frecuencia de 15-40 veces por minuto se as deixamos actuar por si soas, sen outras influencias. Polo contrario, o nodo sinoauricular se está fóra do control parasimpático pode descargar case 100 veces por minuto. En resumo, as fibras de Purkinje xeran [[potencial de acción|potenciais de acción]], pero cunha frecuencia menor ca a do [[nodo sinoauricular]] e a doutros [[marcapaso ectópico|marcapasos ectópicos]] da aurícula. Deste modo, son o último recurso para manter o latexo cardíaco cando outros marcapasos fallan. Cando unha fibra de Pukinje descarga, denomínase contracción ventricular prematura ou PVC, tamén chamada escape ventricular.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Sistema de condución eléctrica do corazón]]
 
===Ligazóns externas===
*[http://meded.ucsd.edu/hist-img-bank/chapter_3/Slides_43_44_45_cardiac/pages/d.2.44.1.2.htm Histology at ucsd.edu]
*[http://science.nhmccd.edu/Biol/cardio/purkinje.htm Histology at nhmccd.edu]
*[http://www.youtube.com/watch?v=ozxxYjjQy9k Vídeo sobre as fibras de Purkinje.] {{en}}
 
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://meded.ucsd.edu/hist-img-bank/chapter_3/Slides_43_44_45_cardiac/pages/d.2.44.1.2.htm Histology at ucsd.edu]
* [http://science.nhmccd.edu/Biol/cardio/purkinje.htm Histology at nhmccd.edu]
* [http://www.youtube.com/watch?v=ozxxYjjQy9k Vídeo sobre as fibras de Purkinje.] {{en}}
 
[[Categoría:Corazón]]