Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
 
=== Introducción ===
A maior parte da súa historia estivo gobernada por varias dinastías do [[Imperio de China|Imperio Chinés]] e propias. Vietnam obtivo a súa independencia nos inicios do [[século X]] e a súa autonomía total un século despois. O período de goberno das dinastías nativas rematou a mediados do [[século XIX]], cando o país foi colonizado por [[Francia]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], o [[Xapón]] ocupou Vietnam; pero respectou a autoridade francesa por ser o [[Goberno de Vichy]] colaboracionista coa súa aliada, a Alemaña nazi. Foi cara a fin deste conflito cando os xaponeses trataron de exterminar o poder francés por sospeitar dun apoio a unha invasión aliada. Nesta situación, [[Ho Chi Minh]] proclamou a República Democrática de Vietnam.
 
Ó rematar a Guerra, Francia intentou restablecer o seu control; pero fallou e comezou a [[Guerra de Indochina]] que finalmente perdeu. A [[Conferencia de Xenebra]] de 1954 dividiu o país en dous: [[Vietnam do Norte]] e [[Vietnam do Sur]]. Durante a [[Guerra Fría]], o norte recibiu o apoio da [[República Popular de China]] e a [[Unión Soviética]], mentres que o Sur obtivo o apoio dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Axiña as tensións levaron á [[Guerra de Vietnam]], que terminou coa retirada das tropas estadounidenses en marzo de [[1973]] e a toma de [[Saigón]] en abril de [[1975]]. En [[1976]], Vietnam unificouse baixo o goberno de Vietnam do Norte e tomou o nome de ''República Socialista de Vietnam''.
{{Artigo principal|Guerra de Indochina}}
[[Ficheiro:Indochine française (1913).jpg|miniatura|esquerda|Mapa da [[Indochina Francesa]] en 1913.]]
A independencia de Vietnam rematou a mediados do [[século XIX]], cando o país foi colonizado polo Imperio francés. A administración francesa impuxo significativos cambios políticos e culturais na sociedade vietnamita. Impúxose un sistema de educación moderna occidental, o [[cristianismo]], desenvolveuse o cultivo de [[tabaco]], [[té]] e [[café]]. Os franceses ignoraron o clamor pola independencia e os dereitos civís, o que deu lugar ó xurdimento de movementos políticos nacionalistas e líderes como [[Phan Boi Chau]], [[Phan Chu Trinh]], o Emperador [[Ham Nghi]] e [[Ho Chi Minh]]. Os franceses mantiveron o dominio das súas colonias ata a [[Segunda Guerra Mundial]], cando os [[Xapón|xaponeses]] invadiron a [[Península Indochina]]. Os recursos naturais de Vietnam foron explotados porpolo [[Xapón]] para as súas campañas militares en [[Myanmar]], [[Malaisia]] e [[India]].
 
Nos últimos anos da guerra, o movemento nacionalista de [[Ho Chi Minh]] desafiou ós franceses. Despois da derrota dedo Xapón, as forzas nacionalistas de Indochina enfrontáronse a Francia no que se chamou a [[Guerra de Indochina|Primeira Guerra de Indochina]] ([[1945]] - [[1954]]). Os franceses foron derrotados e fixeron unha retirada das súas colonias. Porén, os países que combateran nesta primeira Guerra de Vietnam, dividiron o país polo paralelo 17 en [[Vietnam do Norte]] e [[Vietnam do Sur]].
 
== Política ==
67.950

edicións