Primeira guerra mundial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *Sudáfrica -> Suráfrica
Sen resumo de edición
Liña 41:
A formación de dous bloques opostos foise constituíndo durante as décadas anteriores ao inicio da guerra. A finais do [[século XIX]], tras a guerra franco-prusiana, [[Otto von Bismarck]], chanceler [[Prusia|prusiano]], conseguiu establecer unha serie de alianzas cuxo fin era o de illar Francia. Trala guerra entre Francia e Prusia, rematou a unificación de Alemaña e o establecemento do II Reich. Ademais da perda territorial, Francia foi humillada no tratado de paz, iniciando un espírito de vinganza semellante ao que ocorreu en Alemaña en 1918. Por outra banda, Alemaña firmou varios tratados militares e comerciais co Imperio Austro-Húngaro, para tratar de consolidar un bloque central conxunto que fixese fronte a Rusia, que pretendía conseguir unha saída ao [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]]. Conseguiu acordos semellantes con [[Italia]], formándose así a [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]]. Deste xeito, Bismarck conseguiu manter ao seu país en paz. Posteriormente, o káiser Guillerme II rexeitaría a política do chanceler e este dimite por falta de apoios. A partir de entón, o káiser amósase ávido de expansión territorial pola forza. En 1902 iníciase un ambicioso proxecto de modernización da mariña militar. Amplíase o exército de terra e mércanse novos equipos. Constitúense os corpos de reservistas. No tocante á política exterior, deixa a Francia ceibe, quen rapidamente firma acordos militares co [[Imperio Ruso]], dirixido polo tsar [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]].
 
Na primeira década do século XX consolídanse dous bandos: un central, formado por Italia, o [[Imperio Alemán]] e o [[Imperio Austro-Húngaro]]; e o outro, a ''Entente Cordiale'', formado polo [[Imperio Ruso]] e por Francia. Posteriormente, únese ao segundo grupo o [[Imperio Británico]], que vía no crecemento naval alemán unha ameaza seria. Ata 1914, todos os países organizan as tropas, mercan equipos e trazan diversos plans bélicos durante un periodo coñecido como ''Paz Armada'', en especial o Imperio Ruso, que fora derrotado porpolo Xapón en 1905 sufrindo unha dura derrota.
 
En agosto de 1914 estoupa a que sería a Primeira Guerra Mundial. Austria-Hungría invade [[Serbia]], o Imperio Ruso decláralle a guerra aos austríacos. O Imperio Alemán declara a guerra a Francia e ao Imperio Ruso. Francia declara a guerra a Austria-Hungría. Os alemáns invaden [[Bélxica]] para chegar a Francia e o Imperio Británico, que garantira a independencia belga, decláralle a guerra ao II Reich.
Liña 47:
Italia decide non intervir en 1914, rompendo os acordos coas outras potencias centrais. En 1915, a cambio de promesas de conquista territorial a expensas de Austria-Hungría, Italia involúcrase na guerra a favor dos aliados. En outubro de 1914, o Imperio Otomán, axudado polos alemáns, ataca Rusia e entra na guerra no bando das potencias centrais.
 
O Xapón ataca os postos alemáns no [[Pacífico]] e entra na guerra no bando aliado. Os Estados Unidos, tras o afundimento do trasatlántico Lusitania, entra na guerra en favor dos aliados.
 
Debido a que a guerra precisaba de máis e máis homes, as potencias recorreron ás súas colonias. O Imperio Británico recibiu tropas canadenses, indias, australianas e neozelandesas. Francia obtivo soldados das súas colonias africanas. Alemaña e Austria apenas tiñan colonias relevantes das que obter novos soldados.
Liña 85:
=== Fronte asiática ===
{{Artigo principal|Fronte asiática (Primeira Guerra Mundial)}}
En agosto de 1914, o Xapón envía un ultimato ao Imperio Alemán para que lle ceda as súas posesións asiáticas. Alemaña negouse e o Xapón declarou a guerra. Ese mesmo ano, atacou [[Qingdao]], un porto chinés que empregaba a mariña alemá. Ocuparon as illas Marianas e as Carolinas. [[Nova Zelandia]], aliada, ocupou a [[Nova Guinea alemá]].
 
=== Guerra naval ===
Liña 203:
 
=== Consecuencias económicas ===
Catro anos de guerra necesitaron unha inxente cantidade de fondos. O Imperio Alemán, Austria-Hungría, o Imperio Otomán, Francia e o Imperio Británico acabaron con case todas as reservas económicas, mercando equipamento, municións, aviación, alimentos e investigación de novas armas. Francia e o Imperio Británico recorreron a préstamos estadounidenses, o que supuxo un grande estímulo económico. Ademais, a produción norteamericana incrementouse para satisfacer a demanda europea de material de diversa clase. Outros países coma Arxentina ou España tamén subministraron alimentos, armas e uniformes. Tras a guerra, as potencias europeas quedaron severamente endebedadas. A produción industrial quebrou, xa que de 1914 ao 1918 adicárase tan só a fabricar armamento e outro material bélico. Todas estas circunstancias produciron a perda da hexemonía económica de Europa, en favor dos Estados Unidos e do Xapón. A partir de 1919, os créditos estadounidenses axudarían á recuperación dos contendentes, restablecendo pouco a pouco a normalidade económica ata a [[crise de 1929]]. No tocante a España, produciuse un aumento das exportacións de 1914 ata 1917. Non obstante, conforme se incrementaban as vendas, aumentaba espectacularmente a inflación, o que propiciou unha grave crise.
 
=== Consecuencias territoriais ===
Liña 223:
Polonia reapareceu coma estado independente tras máis de 120 anos desaparecido. Parte do país compúxose con territorios historicamente polacos, alemáns, rusos e ucraínos. Francia recuperou Alsacia e Lorena e Bélxica conseguiu parte de Alemaña.
 
No tocante ás colonias, Alemaña perdeunas todas, que pasaron a ser administradas por Francia, polo Imperio Británico e porpolo Xapón.
 
=== Consecuencias sociais ===