Luzes de Galiza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: NPVN; cambios estética
Liña 1:
{{Atención|1=Cómpre revisión de contido e formato, revisar posible contido con copyright|data=abril de 2015}}
{{NPVNNon neutral}}
{{Ligazóns internas}}
{{Sen notas}}
Liña 7:
 
== Traxectoria e características ==
Nace en [[xullo]] de [[1985]] na cidade de [[Sada]] baixo a dirección de [[Manuel Rivas]] e co patrocinio de [[Ediciós do Castro]], do [[Grupo Sargadelos]]. Trátase dunha iniciativa dos membros do denominado ''Grupo Coruñés'' (refírese a autores que entre [[1984]] e [[1985]] publican os volumes colectivos ''De amor e desamor'' ''I ''e ''II'', destacando [[Xavier Seoane]], [[José-Maria Monterroso Devesa|Xosé Devesa]], [[Pilar Pallarés]], [[Xulio Valcárcel]], [[Lino Braxe]], [[Lois Pereiro]], [[Miguel Anxo Mato Fondo|Miguel Mato Fondo]], [[Francisco Salinas Portugal|Francisco Salinas]] e [[Miguel Anxo Fernán Vello]]). Os estudantes que forman este colectivo, con sede no [[Centro de Información de Isaac Díaz Pardo]], comparten unhas experiencias [[estética|estéticas]]s comúns, unha ideoloxía semellante (podería dicirse que [[nacionalismo galego|nacionalista]] de esquerdas) e unha procedencia: a cidade da Coruña. Este núcleo urbano aparece explicitamente no seu proxecto, como é visible no artigo ''Miseria e hernia cultural'' de Manuel Rivas, publicado na revista en 1987, no que se critica a falta de actividade cultural nesa zona.
 
<blockquote>Nós medramos culturalmente nunha cidade sen apenas pontes. É esa carencia de vínculo, de referencia adulta, unha das herbas que fai da Coruña un ermo onde campan ao seu aire os cipallos provincianos e a súa cultura cascarilleira [Manuel Rivas, 1987] </blockquote>
Liña 22:
Respecto á denominación da revista, esta xa nos ofrece información relevante sobre o carácter da publicación.
 
En primeiro lugar, enmarca a iniciativa nun determinado espazo xeográfico, Galiza. Cabe sinalar tamén que aparece “Galiza” en lugar de “Galicia”, o cal reflexa unha vontade de empregar a normativa reintegracionista en lugar da oficial. Non obstante, co paso do tempo, a maior parte dos colaboradores empregan nos seus escritos a normativa oficial, mais sen cambiar a grafía da revista, mostrando que ambas opcións son aceptadas, xa que o que prima é o contido.
 
En segundo lugar, “Luzes” reforza os ideais de renovación dos autores. Búscase iluminar unha tradición cultural e sobre todo literaria, a galega, que foi escurecida durante séculos pola castelá. Ademais, pode entenderse como unha referencia á Ilustración, en que todos os eidos do saber eran tratados como importantes e se cría na necesidade de crear enciclopedias nas que se recollese o saber humano global. Isto explicaría a diversidade de asuntos e temas que se tratan en ''Luzes de Galiza''. De novo estase a empregar a normativa reintegracionista (“Luzes” e non “Luces”).
 
<blockquote><span lang="GL">Necesitamos LUZES, ALTAS LUZES solares combatendo como os arcanxos a súa heliomaquía, rotundas LUZES, fontes de LUZES, corpos feridos de LUZES, ebrios de LUZES, derramando LUZES porque no principio foi a LUZ e sempre estamos no principio, nacendo cada intre </span><span lang="GL">[“O cavalo do orgulho”, número 0, 1985]</span><ref>{{Cita publicación periódica|apelidos = Rivas|nome = Manuel|ano = 1985|título = O cavalho do orgulho|url = |revista = Luzes de Galiza|número = 0|páxinas = |editor = |dataacceso = }}</ref></blockquote>
 
Finalmente, no número 24, publicado en 1994, engádese o subtítulo “Revista de liberdades, crítica e cultura”, que marcará o comezo e o talante da revista na súa segunda etapa.
Liña 39:
 
As principais diferenzas que introduce a segunda etapa son as seguintes:
* Cambios na estética das publicacións: engaden o subtítulo de "Revista de liberdades, crítica e cultura", mudan o deseño e engaden publicidade.
* Maior carácter multidisciplinar e heteroxéneo, como xa indica o novo subtítulo.
* Cambio nos principais asuntos tratados. Fronte ao centralismo da atención á evolución do sistema cultural, na segunda etapa adquire un maior peso o debate ideolóxico sobre a situación política e social do momento (cuestións que xa eran tratadas dende o principio, mais que agora convértense en protagonistas).
Liña 54:
Canto á primeira etapa, as seccións predominantes serían as seguintes, que aparecen ordenadas alfabeticamente:
* “Colaboracións”. Incluía artigos de personalidades externas á revista, desde textos de intelectuais estranxeiros até escritos literarios de autores galegos que non colaboraban habitualmente en ''Luzes de Galiza''.
* “Criación”. Presenta autores galegos (tanto poetas como narradores), principalmente xoves que se queren dar a coñecer, mais tamén outros xa consagrados.
* “Crítica”. Sección que serviu para promover aos colaboradores da revista e que nos seus inicios estivo vinculada exclusivamente aos produtos literarios.
* “Ecoloxía”. Aínda que se centraba nos problemas de deterioro ambiental de Galiza, tamén incluía outras reflexións sobre problemas ecolóxicos xerais.
* “O Gume da Navalla”. Incluía críticas anónimas á situación da lingua galega, en especial aos órganos encargados da súa promoción e aos procesos de normalización.
* “Ideias”. Introducía debates de talante político e filosófico.
* “Mohicania”. Centrada na lexitimación dos campos de produción artística menos promovidos, para o que presentaba personaxes culturais galegas pouco recoñecidas que se dedicaron a estes campos.
* “Mitos, Santos, Herois”. A través de textos de diversos tipos, elevaba á condición de mitos, santos ou heroes a personaxes culturais galegos, coa finalidade de engadirlles máis prestixio.
* “Palavra Común”. Encargábase de dar a coñecer en Galiza, a través de entrevistas, a escritores pertencentes ao intersistema literario afro-luso-brasileiro.
* “Polémica”. Promovía reflexións sobre a realidade (polo xeral sobre asuntos culturais) que puidesen dar lugar a debate, mais sen incluír polo xeral respostas ás cuestións formuladas.
* Outras seccións incluídas nalgúns dos números desta primeira etapa son ''“''Impaís”, “Arte” e “Arquitectura”.
 
Liña 78:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Rodríguez, María Jesús. "Luzes de Galiza". Tese de licenciatura. [[Universidade de Santiago de Compostela]]. 1999.
* "Luzes de Galiza". ''[[Enciclopedia Galega Universal]]''. [[Ir Indo edicións]]: Vigo. 1ª ed. 2002.
* "Mato Fondo, Miguel Anxo". "Murado, Miguel Anxo". "Seoane Rivas, Xavier". "López Valcárcel, Xulio". ''Diccionario da literatura galega I. Autores''. [[Editorial Galaxia]]: Vigo. 1ª ed. 1995.
* "Luzes de Galiza". ''Dicionario da literatura galega II. Publicacións periódicas''. Editorial Galaxia: Vigo. 1ª ed. 1997.
* "Luzes de Galiza. Revista de liberdades, crítica e cultura". ''Galicia literatura''. ''A literatura desde 1936 ata principios do século XXI: poesía e teatro.'' 1ª ed. 2000.
* "Luzes de Galiza". ''Galicia literatura. A literatura desde 1936 ata principios do século XXI: narrativa e traducción''. [[Hércules de edicións]]: A Coruña. 1ª ed. 2000.
* ''Revista Luzes''. 2013. Páxina web. Consultada o 3 de abril de 2015. http://www.revistaluzes.com
* "Luzes de Galiza" en ''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]]''.
 
[[Categoría:Revistas editadas en Galicia]]