Arquitectura románica en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Arranxei.
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 12:
Presenta semellanza co [[Románico asturiano]], co que comparte unha primeira fase na que foi determinante a tradición do Prerrománico local, denominado xenericamente arte asturiana (independentemente da súa situación nunha ou outra comunidade autónoma actual).
 
Nesa primeira fase, en torno ao [[século XI]], mantense a planimetría prerrománica, introducíndose elementos identificábeisidentificábles como románicos na [[escultura]] e decoración arquitectónica. Simultáneamente, introdúcese o [[Arquitectura románica en Italia|Románico lombardo]] ou primeiro Románico, identificábel en exemplos illados, coma [[San Martiño de Mondoñedo, Foz|San Martiño de Mondoñedo]] ou [[San Xoán de Vilanova]].
 
A fase central do '''Románico en Galiza''' recibiu a denominación de '''Románico compostelán''' dada a indiscutíbel centralidade cultural do programa artístico en torno á [[Catedral de Santiago de Compostela]]. Numerosas construcións rurais, menos ambiciosas ([[Aguasantas, Cotobade|Aguasantas]], [[A Mezquita, A Merca|A Mesquita]]) reproducen ou imitan elementos coma o falso [[triforio]] (resultante nun dobre piso ou tribuna que non leva chan, a diferenza do modelo imitado).