Cuncha: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 2:
A '''cuncha''' é unha estrutura dura, de natureza calcárea, que cubre externamente o corpo dos [[molusco]]s para protexelo dos predadores e servir de elemento de inserción dos [[músculos]] e órganos internos. Constitúe, nestes animais, o [[exoesqueleto]] ou [[esqueleto]] externo propio dos animais [[invertebrado]]s. Noutros casos, coma nos [[crustáceo]]s, fálase de '''caparazón'''.
 
Adopta formas e características moi variables segundo o grupo ó que pertenzan na [[taxonomía|clasificación taxonómica]] e, nalgún caso, é interna ou chega a faltar. Pode estar formada por unha peza única ou por dúas ou máis pezas, móbiles entre si, chamadas '''valvas'''.
 
A cuncha é segregado polo '''manto''', tegumento que recobre a masa visceral.