Stonehenge: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
→‎Orixe do nome: ligazón interna
Liña 22:
En [[inglés antigo]] a ''henge'' dáselle o significado de "precipicio", ou ''pedras colgantes'', polo que os ''stanenges'' ou ''Stanheng'' son un lugar "non lonxe de Salisbury". Nun gravado do [[século XI]] os escritores chámanas "pedras apoiadas". [[William Stukeley]] en 1740, sinala "as rochas ''Pendulous'' agora chámanse ''henges'' en Yorkshire". Stonehenge en [[lingua saxoa]] significa ''pedras colgantes''. [[Christopher Chippindale]] dá en ''Stonehenge Complete'' a derivación do nome de Stonehenge como procedente do inglés antigo, a palabra «stān» que significa "pedra", e "traveseiro" que se di ''hencg'' (porque semella o traveseiro dos linteis de pedra) para "colgar" ou "forcar", un instrumento de tortura (a forca). Do mesmo xeito que os trílitos de Stonehenge, a forca medieval consistiu en dous montantes cun lintel que os une, en lugar da típica forma de L invertido.
 
O nome de "henge" dáselle a unha clase de monumentos coñecidos como ''henges''[[henge]]s. Os arqueólogos defínenos como movementos de terra consistentes nun recinto circular peraltado cunha canle interna. Como adoita suceder en terminoloxía arqueolóxica, este é un vestixio dun uso antigo, e Stonehenge non é realmente un sitio ''henge'' xa que o seu centro está nun foxo. A pesares de ser contemporáneo cos verdadeiros ''henges'' neolíticos e círculos líticos, Stonehenge é en moitas formas atípico.
Por exemplo, os máis de 7,3 metros de altura que teñen os seus linteis de trílitos de apoio que se manteñen no seu lugar con xuntas en fenda e tallada, o que o fan único.