Factor de crecemento endotelial vascular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 84:
 
=== Terapias anti-VEGF ===
As terapias anti-VEGF son importantes no tratamento de certos cancros e na dexeneración macular relacionada coa idade. Poden consistir no uso de anticorpos monoclonais como [[bevacizumab]] (Avastin), derivados de anticorpos como [[ranibizumab]] (Lucentis), ou pequenas moléculas de administración oral que inhiben as tirosina quinases estimuladas polo VEGF: [[lapatinib]] (Tykerb/Tyverb), [[sunitinib]] (Sutent), [[sorafenib]] (Nexavar), [[axitinib]], e [[pazopanib]]. (Algunhas destas terapias teñen como diana os [[receptores de VEGF receptor]] en vez dos propios VEGFs.) O [[tetrahidrocannabinol|THC]] e o [[cannabidiol]] inhiben o VEGF e fan máis lento o crecemento de gliomas. Ambos os compostos baseados en anticorpos e os dispoñibles por vía oral son xa comercializados, pero a [[axitinib]] e [[pazopanib]] están aínda en ensaios clínicos.
 
Bergers e Hanahan concluíron en 2008 que os fármacos anti-VEGF poden mostrar eficacia terapéutica en modelos de ratos do cancro e nun crecente número de cancros humanos. Pero, "os beneficios son como moito transitorios e van seguidos da restauración do crecemento do tumor e da súa progresión."<ref>{{cite journal |author=Bergers G, Hanahan D |title=Modes of resistance to anti-angiogenic therapy |journal=Nat. Rev. Cancer |volume=8 |issue=8 |pages=592–603 |date=August 2008 |pmid=18650835 |doi=10.1038/nrc2442 |url=http://www.nature.com/nrc/journal/v8/n8/abs/nrc2442.html |pmc=2874834}}</ref>