Moluscos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 96:
As [[gónada]]s en moitas especies de moluscos proceden directamente do [[peritoneo]] que recubre o [[celoma]]. A [[reprodución]] é exclusivamente [[sexo|sexual]]; os individuos poden ser [[unisexuado]]s (tamén denominados [[dioico]]s, como nos [[bivalvos]]) ou, como no caso da maioría dos [[gasterópodos]], [[hermafrodita]]s (simultáneos ou consecutivos) con capacidade de [[autofecundación]] ou sen ela. A [[fecundación]] pode ser externa ou interna, con frecuencia mediante [[espermatóforo]]s (sacos cheos de [[espermatozoide]]s).
 
O [[embrión|desenvolvemento embrionario]] típico dos moluscos comenza cunha [[segmentación (zooloxía)|segmentación espiral]] do [[cigoto]], e a [[gastrulación]] ten lugar por epibolia, invaxinación ou ambas. A [[gástrula]] resultante desenvólvese nunha [[larva]] [[trocófora]] [[planctonplancto|planctónica]]. O proceso é virtualmente idéntico ao dos [[anélidos]]. Esta larva trocófora pode desenvolver moito algunha das súas bandas ciliadas para dar unha estrutura delgada en forma de veo. Na maioría dos moluscos, esta larva dá lugar á larva [[velíxera]], máis desenvolvida, na que se pode observar xa o pé, a cuncha e outras estruturas. Finalmente, a larva velíxera descende ao fondo e sofre unha [[metamorfose (bioloxía)|metamorfose]] para adoptar o hábitat [[bentónico]] típico do adulto. Os cefalópodos e os gasterópodos terrestres e de auga doce teñen sempre desenvolvemento directo.
 
== Clasificación ==