Factor de crecemento endotelial vascular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 67:
O VEGF-A tamén se libera na [[artrite reumatoide]] en resposta ao [[TNF-α]], incrmentando o inchamento e permeabilidade endotelial e tamén estimulando a anxioxénese (formación de capilares).
 
O VEGF-A é tamén importante na [[retinopatía diabética]]. Os problemas microcirculatorios na retina de persoas con [[diabetes]] pode causar isquemia retinal, que ten como resultado a liberación de VEGF-A, e un cambio no balance das isoformas[[isoforma]]s VEGF<sub>xxx</sub> proanxioxénicas con respecto ás isoformas normalmente expresadas VEGF<sub>xxx</sub>b. O VEGF<sub>xxx</sub> pode despois causar a creación de novos vasos sanguíneos na retina e noutras partes do ollo, anunciando cambios que poden levar a perder a vista.
 
O VEGF-A xoga un papel na patoloxía da forma húmida da [[dexeneración macular relacionada coa idade]] (AMD), que é a principal causa de cegueira nas persoas vellas nos países industrializados. A patoloxía vascular da AMD comparte certas similitudes coa retinopatía diabética, aínda que a causa da enfermidade e a fonte típica de neovascularización difire nas dúas enfermidades.