Escultura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=agosto de 2015}}
{{1000}}
{|align="right"
Liña 6 ⟶ 7:
|}
A '''escultura''' (do [[Lingua latina|latín]] ''sculptūra'') é unha das [[Belas Artes|belas artes]] que representa imaxes plásticas de relevancia total ou parcial. Existen varias técnicas de traballar os materiais para a creación dun obxecto. A diferenza da [[pintura]], a cal se crea nun plano -un espazo ficticio de dúas dimensións-, a escultura é unha forma de expresión artística en [[tridimensionalidade|tres dimensións]] o vulto redondo, ou de relevo, [[altorrelevo]] ou [[baixorrelevo]], todo empregando o espazo real. O escultor actúa sobre diferentes materiais que transforma mediante procesos de talla e modelaxe, que son os métodos tradicionais. O emprego de diferentes combinacións de materiais e medios orixinou un novo repertorio artístico que comprende procesos co [[Construtivismo (arte)|construtivismo]] e [[ensamblado]]. As técnicas escultóricas consisten principalmente en retirar ou xuntar ou moldear materia ou ben dando forma a un obxecto, sexa cal for a súa dimensión ou material usado. En un sentido xenérico, enténdese por escultura a obra de arte plástica feitarfeita polo escultor.
 
[[Giorgio Vasari]] ([[1511]]-[[1573]]), empeza ''[[Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori]]'' cun prólogo técnico que fala de [[arquitectura]], escultura e [[pintura]], unhas disciplinas agrupadas baixo a denominación de «artes do deseño». A obra é un tratado informativo e valioso sobre as técnicas artísticas empregadas na época. En referencia á escultura comeza así:{{cita|... o escultor saca todo o superfluo e reduce o material á forma que existe dentro da mente do artista.}}