Río Paraná: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
a
m Bot: Cambio o modelo: PAR; cambios estética
Liña 8:
| caudal medio = 17.300 m³/s
| conca = 2.582.672<br />Conca do Prata
| país = {{ARG}}<br />{{BRA}}<br />{{PARPRY}}
| desemboca = [[Río de la Plata]]
Liña 15:
[[Ficheiro:Paranarivermap.png|miniatura|dereita|290px|Mapa do río Paraná.]]
 
O '''río Paraná''' é un río sudamericano, o segundo máis importante en termos de magnitude tras o [[río Amazonas]]. O seu curso transcorre polos territorios de [[Brasil]], [[Paraguai]] e a [[Arxentina]], cun percorrido de 2.570 km. A súa lonxitude podería ser considerada superior (3.998 km) se se contase a distancia desde a cabeceira do [[río Paranaiba]], en Brasil. O nome ''Paraná'' provén da lingua [[tupi]] e significa "como o mar". Na súa conca viven, aproximadamente, 75 millóns de persoas.
 
== Curso ==
O Paraná fórmase da confluencia dos ríos Paranaiba e [[Río Grande do Sul|Grande do Sul]], no estado brasileiro homónimo, sito na parte meridional do país. Desde aí o río flúe en dirección suroeste durante uns 619 km antes de chegar á cidade de [[Saltos del Guaira]], no [[Paraguai]]. En tempos estaban aí as sete cascatas de [[Sete Quedas]], que foron desfeitas pola posta en marcha, no ano [[1984]], da presa de [[Itaipú]].
 
Nos seguintes 190 km o Paraná baixa en dirección sur formando fronteira natural entre o [[Paraguai]] e máis o [[Brasil]], até xusto a confluencia con o [[río Iguazú]]. Algo antes desta xunta dos ríos, érguese a mole da presa de [[Itaipú]], qu conforma a estación hidroeléctrica maior do mundo, e orixinando unha estensa área de [[pantano]]s.
 
Pouco despois do Iguazú, o río Paraná tórnase fronteira, mais esta vez entre o [[Paraguai]] e a [[Arxentina]], para continuar a súa viaxe para o sur ao longo de 468 km adicionais, antes de facer unha grande virada para o oeste duns 820 km de percurso e encontrarse con o [[Río Paraguai]], o maior afluente de toda a súa conca. Máis antes desta confluencia o río pasa por outro grande encoro hidroeléctrico: [[Yaciretà]], un proxecto común entre Paraguai e Arxentina. O nivel do río subíu tanto a causa desta presa, que segundo sexan as choivas asulaga as partes máis baixas das poboacións do sector.