Unión da Mocidade Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
 
Na primavera de 1977 levouse a cabo un traballo de captación de militantes, organización de células e discusión teórica e programática. O Congreso constituínte celebrouse os días 14 e 15 de agosto de 1977, baixo o lema “Por unha Galicia ceibe e socialista”. Nel aprobáronse os Estatutos da organización e un programa no que se analiza a situación específica da mocidade galega, o papel da UMG nese contexto e as alternativas que defende, incluíndo unha táboa de “reivindicacións mínimas”. A definición ideolóxica e os obxectivos políticos establécense simultaneamente no capítulo 1º dos Estatutos e no apartado do Programa titulado “Qué é a UMG?”, e veñen determinados pola vinculación coa UPG: “A UMG (Unión da Mocidade Galega) é a organización comunista e patriótica da mocedade galega e é, xa que logo, a organización xuvenil da UPG” (art.1). Así, do mesmo xeito que o fai a UPG, a UMG declárase ao mesmo tempo [[Comunismo|comunista]] e [[Nacionalismo galego|nacionalista]], xa que entende que a instauración do socialismo na Galiza pasa necesariamente pola previa liberación nacional do país.
 
Dende o ano 1988 coa creación de Galiza Nova (organización xuvenil do BNG), renuncia á actividade pública ao igual que fixo a UPG dentro do BNG dedicándose os seus cadros á actividade dentro e dita organización.
 
==Organización==
Os primeiros estatutos da UMG, que marcan como principio organizativo o centralismo democrático, conforman unha organización piramidal, dividida en zonas e localidades e que define como núcleo fundamental de base a célula (denominada Asemblea de Zona desde 1990). Como órganos de dirección intermedios establécense os Comités Locais e os Comités de Zona, mentres que a dirección nacional a conforman o Comité CentralNacional (órgano supremo da UMG entre dous Congresos e elixido polo Congreso Nacional) e o Comité ExecutivoSecretariado, máis reducido e elixido polo Comité CentralNacional. O órgano máximo de dirección é o Congreso Nacional e fíxase aínda outro organismo, a Conferencia, constituída polos membros das direccións central, de zona e local. Á fronte da UMG sitúase o Secretario ou Secretaria Xeral, con funcións executivas, e o Presidente/a, que será a mesma do Partido.
 
{{Nacionalismo galego}}