Tecido muscular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 27:
O músculo estriado pode supor ata o 50% do peso corporal. Encárgase dos movementos voluntarios e dalgúns involuntarios (músculos do [[oído]], da [[lingua]] e do [[ollo]]).
 
O músculo estriado áchase cuberto por un tecido conxuntivo denominado [[epimisio]]. Á súa vez, cada fascículo muscular está cuberto polo [[perimisio]]. Entre os distintosNos fascículos existe un tecido denominado [[endomisio]] que envolve cada [[fibra muscular]].
 
Ao microscopio óptico o [[miocito]] estriado ten forma cilíndrica. Forman febras moi longas, dun extremo a outro do [[músculo]], sen interrupción. A estes miocitos tamén se lles denomina rabdomiocitos. O diámetro das febras dependen da idade (menor en nenos e anciáns), constitución xenética, do exercicio e do tipo de músculo (os grandes músculos teñen febras de maior tamaño). Nunha mostra histolóxica vense unha serie de bandas anisótropas chamadas bandas A. Altérnanse bandas claras e escuras. O miocito posúe varios núcleos, situados na periferia. Excepcionalmente pode haber algún núcleo central. Se existen moitos núcleos centrais debe haber unha patoloxía de base. O músculo estriado debe ser obervado mediante conxelación.