Diferenzas entre revisións de «Tecido muscular»

m
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
O músculo estriado pode supor ata o 50% do peso corporal. Encárgase dos movementos voluntarios e dalgúns involuntarios (músculos do [[oído]], da [[lingua]] e do [[ollo]]).
 
O músculo estriado áchase cuberto por un tecido conxuntivo denominado epimisio. Á súa vez, cada fascículo muscular está cuberto polo perimisio. Entre os distintos fascículos existe un tecido denominado [[endomisio]].
 
Ao microscopio óptico o [[miocito]] estriado ten forma cilíndrica. Forman febras moi longas, dun extremo a outro do [[músculo]], sen interrupción. A estes miocitos tamén se lles denomina rabdomiocitos. O diámetro das febras dependen da idade (menor en nenos e anciáns), constitución xenética, do exercicio e do tipo de músculo (os grandes músculos teñen febras de maior tamaño). Nunha mostra histolóxica vense unha serie de bandas anisótropas chamadas bandas A. Altérnanse bandas claras e escuras. O miocito posúe varios núcleos, situados na periferia. Excepcionalmente pode haber algún núcleo central. Se existen moitos núcleos centrais debe haber unha patoloxía de base. O músculo estriado debe ser obervado mediante conxelación.
187.986

edicións