Biomarcador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12:
Pode ser unha substancia cuxa detección indica un estado particular de enfermidade, por exemplo, a presenza dun determinado [[anticorpo]] pode indicar unha determinada [[infección]]. Máis especificamente, un biomarcador indica un cambio na expresión ou no estado dunha proteína que se correlaciona co risco de progresión dunha doenza, ou coa susceptibilidade da doenza a un determinado tratamento.
 
Os biomarcadores bioquímicos utilízanse en [[ensaio clínico|ensaios clínicos]], nos que se extraen de [[fluídos corporais]]. Unha útil maneira para atopar as causas xenéticas de enfermidades como a [[esquizofrenia]] foi o uso dunha clase especial de biomarcador chamado [[endofenotipo]].
 
Outros biomarcadores que se poden utilizar en medicina son as medidas da actividade eléctrica do cerebro (por medio de [[electroencefalografía]] ou [[magnetoencefalografía]]), ou medidas volumétricas de certas rexións do cerebro (utilizando imaxes de resonancia magnética) ou [[probas de saliva]] de [[metabolito]]s naturais, como o [[nitrito]] salivar, que é un marcador surrogado do [[óxido nítrico]].