Stanley Kubrick: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Herdanza: Arranxos
Liña 40:
A súa influencia no cine contemporáneo é enorme e difícil de definir na súa real dimensión. Non só pola gran cantidade de libros dedicados á súa persoa e ao seu traballo, as compilacións que o sitúan entre os máis importantes da historia, así como documentais televisivos sobre a súa vida e ensaios publicados en diversos medios de comunicación, senón tamén polos logros fílmicos que alcanzou en vida e a achega que realizou ao ''[[statu quo]]'' de rol do director dentro a industria cinematográfica.
 
Kubrick loitou e logrou o tan cobizado control total sobre os seus filmes, co fin de que a súa visión fílmica non se vise afectada máis que polo que el entendía coma coherencia artística. Sen estudos formais de cine, participou en cada etapa da produción dunha fita, aprendendo as técnicas e o oficio, chegandomesmo a achegarachegando innovadores procedementos técnicos (efectos especiais, sistema de filmación, novas cámaras, focos, luces e lentes) e narrativos que lle permitiron á industria en xeral avanzar varios anos.
 
Outro apartado onde foi decisivo foi no emprego da banda sonora nas fitas que dirixiu, anticipándose a varias tendencias, incorporando tanto a enciclopédica revisión da música pertencente á época na que se ambientaba a película correspondente, así como tamén empregar as achegas da electrónica cando esta se aplicaba maiormente no campo experimental.
 
Os seus filmes non deixaban de incorporar os seus propios intereses intelectuais e aas reflexións sobre o home e a súa loita constante co seu ámbito, xa sexa físico, social, psicolóxico ou [[metafísica|metafísico]]. A súa observación do ser humano sempre gardaba unha distancia prudente, que en vez de frialdade (como o riscabanacusaban algúns críticos), podería máis ben lerse un verdadeiro interese e aberta curiosidade por entender o proceder do personaxe como peza dentro dunha engrenaxe máis complexa que o puramente cultural. El busca aqueles códigos dentro de cada ser humano que o empurran a accionar dun xeito en particular, tanto na intimidade como nanas odiseas titánicas que modifican o curso ada historia, creando no proceso imaxes tan sobresaíntes e atemporais que se converteron en parte da cultura popular.
 
Un tema final podería ser a súa obsesión cos detalles e a calidade do produto. Poucos directores fixeron disto un tema maior: entender o filme como acto de aprendizaxe extrema do ámbito do personaxe, sobre a base dunha sólida investigación que levou, xunto ao seu perfeccionismo, a dilatar as súas rodaxes e aumentar a aura mítica que proxectaba na prensa.
 
Amais, Kubrick inspirou a directores como [[Martin Scorsese]], [[Steven Spielberg]], [[James Cameron]], [[Woody Allen]], [[Terry Gilliam]], os [[irmáns Coen]], [[Ridley Scott]] e [[George A. Romero|George A. Romero]]. Mesmo, [[Orson Welles]] comentou: «Entre os que eu chamaría a xeración nova, Kubrick paréceme un xigante».
 
== Filmografía ==