Manuel Darriba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 8:
|lugar_de_falecemento=
|lingua da escrita = [[Lingua galega|Galego]]
|xéneros = [[PoesíaGuion]],[[poesía]], [[narrativa]] e tradución
|estudos = Xornalismo e Filosofía
|premios =
Liña 22:
Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e en Filosofía pola [[UNED]]. Traballou como reporteiro e enviado especial de ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'' de Lugo e o ''[[Diario de Pontevedra]]'' ata o 2004. Nese ano fundou con [[José Manuel Gegúndez]] a axencia [[Transmedia]], editora de publicacións especializadas. Foi responsable de edicións nesta empresa ata o 2010, dirixindo diversas revistas de gandería, hostalería e o Anuario da Academia Galega do Audiovisual.
 
Ten colaborado en medios como ''Dominical'' (suplemento de ''El Periódico de Catalunya'', ''[[ABC (xornal)|ABC]]'' e unha quincena de periódicos rexionais), o semanario ''La Clave'', o xornal económico ''Expansión'', o magacine galego ''GPS'', a [[Axencia Galega de Noticias]], a revista literaria ''Protexta'', os suplementos "Crónica" e "Magazine" de ''[[El Mundo]]'' e a edición galega de ''[[El País]]''. NaAta actualidadeo publica2013, publicou unha columna semanal no xornal gratuíto ''[[De luns a venres]]''.
 
O seu labor xornalístico recibiu os premios Once-Galicia de xornalismo, Julio Camba de reportaxe e a mención especial no Premio Nacional Manuel Alcántara para xornalistas menores de 35 anos. No 2012 foi premio Fernández del Riego de xornalismo literario.
 
Debutou como escritor coa novela ''Paf Xarope'', no 1997. Posteriormente publicou o libro de poemas ''Calor'' (1997) e a novela ''Outonos espectaculares'' (1998). No ano 2000 gañou o [[Premio Lueiro Rey]] de novela curta con ''Velada do billarista'' e no 2005 o [[Premio Espiral Maior de Poesía]] por ''Vostede non sabe con quen está a falar''. Dúas obras súas foron editadas en castelán por Bruguera no 2008 nun único volume: ''El billarista. Accidental''. No 2009 publica a novela curta ''Branco''. No 2010 gañou o [[premio Miguel González Garcés|premio de poesía Miguel González Garcés]] coa obra ''Os indios deixaron os verdes prados''.
Liña 32:
No eido audiovisual, Manuel Darriba é guionista e director dos documentais ''Tolos por Xapón'' (con Pedro A. Ramos), nomeado as Premios Mestre Mateo, e ''Prodixiosos'', producidos por Bren Entertainment para a [[Televisión de Galicia]]. No 2011 escribiu, produciu e dirixiu a longametraxe documental ''Pacios. As fotos da memoria''. A película estivo nos festivais internacionais de Lucerna (Suíza), Tesalónica (Grecia) e o catálogo de produción latinoamericana Latin Side Of The Doc (México DF).
 
A finais do 2011 estivo bolsado no Taller de Desenvolvemento Cinematográfico Casa de América/Fundación Carolina. Durante unha estadía de dous meses na Residencia de Estudiantes de Madrid escribiu o guión de ficción ''Verano'', con Fernando Castets e Inés París como asesores. Ten escrito outrosvarios tres guiónsguions de ficcióncurtametraxe e longametraxe e un proxecto de serie.
 
En televisión, foi guionista e director nos docu-shows de TVG ''Onde vai a xente'' (1ª e 2ª temporadas) e ''Un país de lerias'' (1ª temporada), nos anos 2011 e 2012.
 
A primeiros do 2013 publicou, con [[Daniel Salgado]], a crónica política ''AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerdas''. No verán deste ano publícasepublicou a novela ''O bosque é grande e profundo'' (Xerais), que veráviu a luz en castelán a final de ano na editora Caballo de Troya. A novela foi finalista no Premio de Novela Europea Casino de Santiago.
 
No 2015, Darriba traballa como guionista no magazine "Land Róber" (TVG), presentado por Roberto Vilar, e na serie "O Faro" (TVG,TV3).
 
==Obra==