Galeuzca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 5 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3050202
Liña 35:
O pacto foi ratificado en [[Cidade de México|México]] o [[22 de decembro]] de [[1944]] por representantes da comunidade catalá de México, PNV, ELA-STV, Partido Galeguista, Estat Català, Acció Catalana, o Secretariado de Militantes de ERC, o Partit Socialista Català e a Unió de Catalans Independents. Estes nomearon un secretariado tripartito formado por Joan Loperena (Cataluña), José Luis Irisarri (País Vasco) e Juan López (Galicia). Entre outros obxectivos, propoñíase combater a ditadura franquista, afirmar a identidade das tres nacións, defender os seus dereitos, traballar polo restablecemento da [[república]] e opoñerse á restauración da [[monarquía]].
 
Aínda así, non chegou a ter ningún resultado práctico porque foi descalificadodescualificado tanto por Josep Irla, presidente da Generalitat de Cataluña no exilio, como por José Antonio Aguirre, lehendakari no exilio, de xeito que en marzo do [[1945]] fracasara nos seus obxectivos. Con todo, o seu recordo animou a numerosos intelectuais no interior e no exilio. En agosto dese ano saíu do prelo o primeiro número da [[Galeuzca (revista)|revista Galeuzca]], de carácter mensual, duraría 12 números. [[Josep Tarradellas]] amosou tamén a súa oposición ó pacto Galeuzca, nunha conversa mantida en [[1946]]:
 
{{Cita|Yo no creo en Galeuzca. No soy partidario de situar el problema gallego a la misma altura que el catalán y el vasco. No podemos establecer vínculos de solidaridad con Galicia. (...) Galeuzca es un desafío contra Madrid. El desarrollo de esa política sólo podrá conducirnos a crear dificultades muy fuertes a los problemas catalán y vasco. Yo no puedo aceptar esa responsabilidad. Por eso no apoyaremos la política de Galeuzca ni aceptamos tampoco el nombre que no es muy afortunado.<ref>[http://books.google.es/books?id=RVZCb8x8D94C&lpg=PP1&pg=PA226 El profeta pragmático. Aguirre, el primer lehendakari]. Ludger Mees. Páxina 226.</ref>}}