George Harrison: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Alemaña
texto traducido desde a wiki es:George_Harrison
Liña 81:
Un importante punto de inflexión na súa carreira musical tivo lugar durante a xira americana de 1965, na que [[David Crosby]], de [[The Byrds]], introduciu a Harrison na cultura india a través da música de [[Ravi Shankar]]. Moi pronto, quedou fascinado co especial son da súa música, permitindo a lenta introdución da mesma na cultura occidental. Tras comprar un [[sitar]] pouco logo de dar por finalizada a xira de 1965 foi, antes que [[Dave Davies]], guitarrista de [[The Kinks]], un dos primeiros músicos da cultura [[pop]] en introducir o instrumento nun álbum de estudo, na canción "[[Norwegian Wood (This Bird Has Flown)]]", do álbum ''[[Rubber Soul]]''.
 
Outro importante momento da súa vida tivo lugar durante a rodaxe da película ''[[Help! (filme)|Help!]]'' nas illas [[Bahamas]], ao entregarlle un [[hinduísmo|hindú]] un libro sobre a [[reencarnación]]. Tamén por aquel tempo mantivo unha decisiva correspondencia con [[Joan Mascaró Fornés|Joan Mascaró]] tras ler a versión dos [[Upanishads]] daquel tradutor mallorquín.<ref>{{cita libro|apelidos=Mir|nome=Gregori|título=Correspondència de Joan Mascaró|ano=Palma de Mallorca, 1998|editorial=Editorial Moll|isbn = 84-273-0724-1}}</ref> O seu interese pola cultura hindú expandiriase formalmente ao abrazar o [[hinduísmo]]. Nunha peregrinación coa súa muller Pattie á [[India]] entre a última xira de The Beatles en 1966 e o inicio das gravacións de ''[[Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band]]'', Harrison estudou leccións de [[sitar]], coñeceu a varios [[gurú]]s e visitou sitios sagrados, achegándose así á cultura oriental. Pouco despois, de volta a [[Inglaterra]], coñeceu a [[Maharishi Mahesh Yogi]], a quen presentou ao resto do grupo para iniciar uns exercicios de [[meditación]] transcendental que tería lugar a comezos de 1968 en [[Rishikesh]].
 
== Notas ==
<references group="a"/>