Adhesina bacteriana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 28:
 
== Vacinas baseadas en adhesinas ==
O estudo das adhesinas pode servir para crear [[vacina]]s como indicaban xa os primeiros estudos que demostraron que un importante compoñente de protección inmunitaria contra certas bacterias procede da capacidade de impedir a unión das adhesinas.<ref name=Levine>{{cite book |author=Levine, M. M.; Giron, J. A.; Noriega, E. R. |chapter=Fimbrial vaccines |editor-last=Klemm |editor-first=Per |title=Fimbriae : adhesion, genetics, biogenesis, and vaccines |publisher=CRC Press |location=Boca Raton |year=1994 |isbn=0849348943 |pages=255–270 }}</ref> Ademais, as adhesinas son candidatos atractivos para crear vacinas porque a miúdo son esenciais para a infección e están localizadoslocalizadas na superficie, o que as fai doadamente accesibles aos [[anticorpo]]s.
 
A efectividade dos anticorpos antiadhesinas demostrouse en estudos con FimH, a adhesina da ''[[Escherichia coli]]'' uropatóxena (UPEC). En países subdesenvolvidos é frecuente que os nenos sufran repetidos episodios de [[diarrea]]s asociadas con ''E. coli'' durante os seus primeiros tres anos de vida. Se o neno sobrevive este período inicial de susceptibilidade, as taxas de infección caen substancialmente, debido a que se crea unha inmunidade adquirida contra as adhesinas bacterianas.<ref name=Per_Klem_2000 />