Lagarto arnal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 46:
É unha especie ubicua, que ocupa toda clase de [[biótopo]]s, agás aqueles completamente humanizados; encóntrase en terreos con toda clase de cultivos e bosques mediterráneos e de montaña. En xeral, o lagarto arnal é unha especie que prefire áreas con cobertura vexetal non moi elevada, posto que así ten espazos abertos onde poder tomar o sol e refuxios para poderse agochar. En Galicia atopámolo en moi diversos hábitats: claros en bosques, cultivos, dunas, serras, cantís costeiros, pero sempre prefire zonas abrigadas e cálidas. En Galicia está activo de marzo a outubro e despois en inverno agóchase entre pedras ou en galerías.
 
Nalgunhas partes da Península o abandono progresivo de moitas zonas de cultivo fixo que o lagarto arnal fose pouco a pouco desprazado polo lagarto verde (''[[Lacerta bilineata]]''), outro lagarto de medida mediana máis acostumado á vexetación tupida, e propio da zona norestenordeste peninsular.
 
Os machos adultos son agresivos e territoriais e o seu período de celo comeza en abril. Os machos loitan ferozmente entre eles e trábanse coas súas fortes mandíbulas. Aparéase coa femia agarrándoa mordéndoa nas costas entre abril e xuño. A femia deposita de 6 a 22 ovos (moi variable) baixo pedras ou en galerías, que tardan en eclosionar de 66 a 88 días (a 25-30ºC) e eclosionan en setembro ou outubro.