Revolución Industrial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
A primeira Revolución Industrial, tamén coñecida como Revolución Científico Tecnolóxica (RCT), xestouse durante cerca de 300 anos, pero a súa expresión tecnolóxica deuse na revolución industrial e os seus efectos prolonganse ata [[1780]].
 
Varias foron as circunstancias económico-sociais asociadas a esta primeira RCT: A descomposición da sociedade feudal, o desenvolvemento do capital comercial, o desenvolvemento das relacións comerciais marítimas, o impulso da industria pesada (mineira e metalúrxica), revolución agrícola (grazas á industria química: fertilizantes...) e desenvolvemento da industria química. O cambio iniciouse en Inglaterra por dúas razóns fundamentais, primeiro polo amoreamento de capital como consecuencia do gran desenvolvemento do comercio favorecido polo seu imperio colonial e segundo por ser en Inglaterra onde se inventaron unha serie de máquinas capaces de producir máis rapidamente cós artesáns, o cal permitía a redución de custes e fornecer a demanda máis rapidamente. Ademais existía unha man de obra barata e abundante xa que as terras comunais, fundamentais para a supervivencia dos campesiños pobres, estaban pasando a mans privadas. A industrialización supuxo o nacemento dunha nova clase social, o [[proletariado]] que xorde en condicións de pobreza e explotación absoluta.
 
Esta primeira RCT caracterizouse por un cambio nos instrumentos de traballo de tipo artesanal pola [[máquina de vapor]], movida pola enerxía do carbón. A máquina esixe individuos máis cualificados, produce unha redución no número de persoas empregadas, guindando de maneira incesante masas de obreiros dun ramo da produción a outra, especialmente do campo á cidade.
Liña 15:
 
== O proceso de industralización británica ==
A Revolución Industrial en [[Gran Bretaña]] iniciouse na segunda metade do [[século XVIII]] e constituiu na mecanización da produción dalgúns sectores pioneiros grazas a importantes innovacións tecnolóxicas asociadas á invención da máquina de vapor.
 
Estas novidades supuxeron un profundo cambio nos sistemas de produción asociados á división do traballo en tarefas concretas e á aparición dunha nova unidade produtiva, a fábrica.
 
=== As innovacións tecnolóxicas ===
O invento de maior transcendencia para a industralización foi a [[máquina de vapor]], patentada por [[James Watt]] en [[1769]], que empregaba o [[carbón]] coma combustíbel. A enerxía do vapor foi aplicándose a diversos campos, coma a industria téxtil, a siderurxia, e o ferrocaril, e converteuse no símbolo da Revolución Industrial.
 
O invento de Watt empregouse en novos enxeños que, pouco a pouco, mecanizaron os diferentes sectores produtivos.
 
Arredor da máquina de vapor desenvolveuse unha intensa actividade relacionada co carbón mineral, o que provocou unha expansión sen precedentes da [[minaría]].
 
=== Revolución agrícola ===
A mediados do século XVIII, en Gran Bretaña comezouse a producir unha grande expansión da agricultura que provocou que a produtividade experimentase un importante crecemento. Este aumento do rendemento agrario foi posibleposíbel grazas á aparición de novas técnicas de cultivo, á mellora do emprego dos fertilizantes e ao proceso de privatización das terras (denominado ''enclosure''), que trouxo unha maior rendibilidade.
 
Este incremento da produción agraria repercutiu moi positivamente nos sectores industriais vinculados á [[agricultura]]. AdemaisAmais, produciuse un forte incremento dos beneficios agrícolas, o que máis tarde permitirá o investimento deste capital no sector industrial.
 
Os diversos avances no terreo agrícola permiten falar dunha verdadeira revolución:
* Privatización dos terreros comunais. Dende [[1760]], promulgáronse en Gran Bretaña numerosas leis de cerramento (en inglés: ''enclosures''), o que impulsou a modernización das explotacións agrarias. Amais, a poboación rural tivo que emigrar á [[cidade]], e proporcionou a man de obra necesaria no proceso de industrialización.
* Introdución de novos cultivos. Especies coma o [[millo]] e maila [[pataca]] facilitaron a diversificación da produción, o que reduciu o impacto das malas [[colleita|colleitas]] sobre a poboación.
* Aplicación de novas técnicas agrícolas. O uso de [[fertilizante|fertilizantes]] e das primeiras trilladoras e sementadoras mecánicas foi clave para o aumento da produción. Especial importancia tiveron as melloras na rotación de cultivos, grazas ao sistema Norfolk ou sistema de rotación cuadrienal.
Estas medidas provocaron un aumento de produción que permitiu o crecemento sostido da poboación e a obtención de importantes beneficios, utilizados despois para financiar a mecanización da produción.
 
=== Revolución demográfica ===
Os avances na agricultura, co conseguinte aumento da produción provocou un progresivo crecemento da [[poboación]]. Este aumento demográfico foi impresionante, xa que Gran Bretaña doblou o seu número de habitantes durante todo o século XVIII. Neste incremento tamén influiu o descenso da mortalidade, como consecuencia dos novos avances na [[medicina]] e das melloras [[hixiene|hixiénicas]], o que unido ás altas taxas de natalidade produciu un aumento considerábel da poboación. Amais, este crecemento foi clave para a expansión industrial, pois o aumento [[Demografía|demográfico]] supuxo un incremento da [[demanda]].
 
=== O sector téxtil algodoeiro ===
A [[industria téxtil]] foi a pioneira en incorporar novos sistemas de produción favorecida por unha serie de factores:
* Unha ampla demanda xerada polo aumento da poboación.
* As vantaxes proporcionadas polo [[algodón]] barato, resistente, fácil de tinxir, e do que se dispoñían abondosas reservas asociadas ao comercio colonial con [[América]], a [[India]] e o [[Exipto]].
* A ausencia de competidores exteriores, o que permitiu ao sector algodoeiro británico converterse no primeiro fabricante mundial e no principal fornecedor dos mercados europeo e americano.
Todo isto animou os empresarios a aplicar máquinas de tecer e fiar cada vez máis eficaces, coma a lanzadeira voante de [[Jonh Kay]], a Water Frame de [[Arkwright]], a Spinning Jenny, a Mule Jenny, e, finalmente, o tear mecánico de [[Cartwright]] ([[1785]]), que posibilitaba traballar simultaneamente con mil [[Fuso (ferramenta)|fusos]].
 
=== A industria siderúrxica ===
A [[industria siderúrxica]] experimentou un gran crecemento polas necesidades de fabricar ferro para a industria téxtil e par os útiles agrícolas.
 
Os avances técnicos no sector siderúrxico contribuíron á expansión dos altos [[forno|fornos]]. O descubrimento da pudelación coma método para eliminar as impurezas do ferro e facilitar a súa manipulación converteu este mineral dos piares da expansión industrial.
 
Máis tarde, o invento do [[convertedor Bessemer]] ([[1856]]) achegou un paso decisivo no sector ao permitir obter un aceiro máis flexíbel e de maior calidade.
 
=== Mellora dos transportes ===
A mellora das vías de comunicacións foi fundamental para crear as condicións axeitadas que permitisen unha fácil circulación dos produtos agrícolas e industriais.
Gran Bretaña exercía unha ampla hexemonía naval, coa cal controlaba o comercio ultramarino e ademais foi pioneira na construción do [[ferrocarril]], o cal supuxo un grande avance.
* O [[ferrocarril]]. Empregouse inicialmente para o transporte nas minas. O chimpo definitivo veu cando Stephenson inventou a locomotora de vapor. En [[1829]] inaugurouse a primeira liña férrea entre Mánchester[[Manchester]] e [[Liverpool]], e dende entón o ferrocarril experimentou unha imparábel expansión. O ferrocarril foi clave no desenvolvemento da industria, pois acurtou a duración dos traxectos, permitiu distribuír grandes cantidades de produtos a gran distancia e a escaso custo, e impulsou a industria siderúrxica pola súa demanda de ferro e aceiro.
* A [[navegación]] a vapor. A enerxía do [[vapor]] aplicouse tamén ao transporte marítimo. Os seus primeiros pasos tiveron lugar na navegación fluvial estadounidense. A introdución do invento da [[hélice]] facilitou a navegación marítima. Paralelamente, fóronse realizando obras de adaptación nos portos e construíronse grandes infraestruturas que melloraron a navegación e acurtaron distancias. Entre elas destacou o [[canal de suezSuez]] ([[1869]]), que reduciu as distancias entre [[Europa]] e a [[India]].
 
== Efectos máis relevantes da primeira revolución industrial e papel da ciencia e a técnica ==
 
Liña 43 ⟶ 72:
** A burguesía toma o control do parlamento.
 
== A expansión da industrialización ==
== A revolución industrial na Europa continental ==
 
* En [[1850]] apenas existe a fábrica moderna en Europa.
** Só en [[Bélxica]] hai un proceso de revolución seguido ó de Inglaterra.
 
* Na segunda metade do [[século XIX]] fortalécese en [[Turinxia]] e [[Saxonia]] a industrialización de [[Alemaña]].
 
* [[Bélxica]]. Tras Gran Bretaña, foi o primeiro país que se incorporou á Revolución Industrial, favorecido pola súa minaría de carbón, a independencia política lograda en [[1830]] e a dispoñibilidade dun potente sistema bancario.
A Revolución industrial foi o principio dos avances na ciencia e o primeiro paso cara á modernidade.
* [[Francia]]. A [[Revolución Francesa|Revolución]] de [[1789]] e as [[Guerras Napoleónicas|guerras napoleónicas]] atrasaron a súa industrialización, que só acadou certa relevancia a partir de [[1830]]. O sector que máis se desenvolveu foi o téxtil, apoiado nun amplo mercado nacional e en políticas proteccionistas. Despois seguiron o ferroviario e a industria metalúrxica, que experimentaron unha grande expansión a partir de [[1850]].
* Estados alemáns. Até [[1870]] [[Alemaña]] estivo constituída por numerosos estados independientes, pero a dispoñibilidade de recursos mineiros e a creación no ano [[1834]] do ''zollverein'' ou [[unión aduaneira]], posibilitaron a aparición dalgunhas industrias e a expansión ferroviaria. A industrialización, non obstante, acelerouse decididamente a partir da unificación nacional.
* Outros estados europeos. No resto de Europa, a economía continuou sendo agraria agás nalgúns focos industriais coma o [[norte de Italia]], [[Cataluña]] e o [[País Vasco (rexión histórica)|País Vasco]] ou [[Moravio]] no [[Imperio Austrohúngaro|Imperio austrohúngaro]].
* [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Durante a primeira metade do [[século XIX]], os Estados Unidos atopábanse en plena expansión cara ao oeste. A industria limitouse inicialmente á costa atlántica, xa que nas rexións do oestee do sur estaban orientadas cara á explotación agropecuaria e [[Algodón|algodoeira]]. Só despois da [[Guerra Civil Estadounidense|Guerra de Secesión]] se foi configurando unha potente industria impulsada pola crecente inmigración, a existencia de recursos mineiros e o desenvolvemento ferroviario; por isto, os Estados Unidos convertéronse nunha gran potencia a finais do século.
 
== Véxase tamén ==