Abrir o menú principal

Cambios

amaño referencia
 
== Características nutricionais e de saúde ==
Aconséllase incluír peixe azul na dieta dunha persoa sá e adulta, polo menos dúas ou tres veces á semana. O seu consumo racional ten algúns beneficios para a saúde debido aos seus contidos en ácidos graxos poliinsaturados, sobre todo o [[omega 3]]. Amosouse que é benefecioso para a regulación da [[tensión arterial]] <ref>"Does fish oil lower blood pressure? A meta-analysis of controlled trials", MC Morris, F Sacks and B Rosner, Circulation, Vol 88, 523-533, 1993 by American Heart Association</ref>. O consumo de peixe azul dúas veces por semana axuda a diminuír o risco de padecer morte súbita por [[infarto de miocardio]] mediante a prevención da [[Trastornos do ritmo cardíaco|arritmia cardíaca]] <ref>{{Cita publicación periódica| apelido= leaf | nome= A. | coautores= Kang, J.X., Xiao, E. & Billman, G| título= Clinical prevention of sudden cardiac death by n-3 polyunsaturated fatty acids and mechanism of prevention of arrhythmias by n-3 fish oils | revista= Circulation | volume= 107 | páxinas= 2646-52 | doi = 10.1161/01.CIR.0000069566.78305.33 | url = http://circ.ahajournals.org/cgi/content/full/107/21/2646 | pmid = 12782616 | dataacceso= 2007-07-26}}</ref>. Tanto o [[ácido eicosapentaenoico]], atopado nalgunhas especies de peixes graxos, coma outros ácidos graxos omega-3 como as [[resolvinas]], teñen efectos beneficiosos sobre o [[aparello circulatorio]] e de prevención da [[artrite]] <ref>{{Cita publicación periódica| apelido= Arita | nome= M. | coautores= Bianchini F, Aliberti J, Sher A, Chiang N, Hong S, Yang R, Petasis NA & Serhan CN | título= Stereochemical assignment, antiinflammatory properties, and receptor for the omega-3 lipid mediator resolvin E1. | revista= [[Journal of Experimental Medicine]] | volume= 201 | número= 5 | páxinas= 713-22 | pmid = 15753205 | dataacceso= 2007-07-26 | ano= 2005}}</ref>.
 
Algúns investigadores franceses publicaron no ano 2002 na ''[[British Medical Journal]]'' unha investigación realizada sobre unha poboación de 1.674 xubilados do sur de Francia durante un período de sete anos, estudando o seu consumo contrastado contra a inxesta habitual de peixe azul, detectando a presenza máis habitual de [[demencia]] naqueles que tiñan unha dieta baixa en peixe azul. A conclusión que obtiveron foi que quen inxire peixe azul cando menos unha vez á semana diminúe o risco de sufrir demencia durante un período de sete anos <ref>{{Cita publicación periódica| apelido= Barberger-Gateau | nome= P | coautores= Letenneur L, Deschamps V, Pérès K, Dartigues JF & Renaud S | ano= 2002 | título= Fish, meat, and risk of dementia: cohort study. | revista= [[British Medical Journal]] | pmid = 12399342 | url = http://www.bmj.com/cgi/content/short/325/7370/932 | volume= 325 | número= 7370 | páxinas= 932-3 | doi = 10.1136/bmj.325.7370.932 | dataacceso= 2007-10-16}}</ref>. No estudo non se determina a causa pola que o peixe azul frea ou reduce a demencia.