Ilustración: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
REF
Liña 35:
*[[Montesquieu]]: Era membro da nobreza francesa e admirador do réxime parlamentario inglés, xa que consideraba a este o mellor sistema político capaz de garantir a [[liberdade]] dos homes e impedir así o abuso dos gobernantes. Pero a súa maior achega foi a teoría da [[separación de poderes]] (lexislativo, executivo e xudicial) na súa obra ''[[O espírito das leis]]'' para evitar o despotismo.
*[[Voltaire]]: A súa filosofía era a defensa dos dereitos do home para seguir os ditados da súa razón á vez que dicía que o home debía seguir as súas ideas e opinións con respecto á relixión e a práctica da mesma. Voltaire cría no deísmo, xa que pensaba que Deus creara o Universo, pero que só lle dera o primeiro impulso, e que despois non intervira en nada máis. Amais, promoveu a creación de parlamentos que limitasen o poder dos reis e a reforma do [[sistema fiscal]] para acabar cos privilexios.
*[[Jean Jacques Rousseau]]: Os seus ideais partían do suposto de que os homes posúen dereitos naturais que deben ser respectados por todos, pero inclúe outro elemento como característica da natureza humana, a idea de que o estado natural era unha situación perfecta na cal todos os homes eran bos, pero que ao formarse na sociedade xorden as desigualdades e así o egoísmo. E isto ocasionou que os homes perderon os sentimentos morais concedidos pola natureza, para cambialos por unha actitude racionalista e fría que os afasta da súa bondade innata. Na súa obra [[O contrato social|''O contrato social'']] sostivo que o poder reside no pobo e que o Estado xorde coma resultado dun pacto ou contrato entre os cidadáns, concepción que inspirou o concepto de [[soberanía nacional]]<ref>{{Cita libro|título = Ciencias socias historia|apelidos = Fernández Bulete|nome = Virgilio|editorial = SM Xerme|ano isbn= 978-84-9854-281-3|ISBN ano= 2012}}</ref>.
*[[Denis Diderot]]: critica a sociedade corrupta do seu tempo e é racionalista e materialista igual que [[Voltaire]], sostén que as ciencias naturais permitirán o progreso técnico, polo que está en contra da [[relixión]] tradicional.
*[[Francois Quesnay]]: Foi o cabeza dun grupo de pensadores que deron orixe ao movemento chamado ''fisiocracia'' e que desenvolveron unha teoría acerca das leis que rexen as actividades económicas. Esta teoría baséase no principio de que o desenvolvemento económico dun país está determinado polo nivel de produción agrícola e non pola riqueza metalúrxica que posúa.