Clunia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
engandido das seccións de historia e arquitectura civil {{traducidos do artigo en español}}
Liña 4:
 
Foi unha das cidades romanas máis importantes do norte peninsular e foi capital dun convento xurídico, o denominado [[Conventus Cluniensis]].
 
== Historia ==
=== Época celtibérica ===
A cidade de Clunia fundouse nun outeiro a pouca distancia dun asentamento celtibero denominado ''Cluniaco'' ou ''Kolounioukou'', pertencente aos [[arévacos]], unha tribo prerromana que pertencía á familia dos [[celtíbero]]s.
 
=== A fundación da Clunia Romana ===
En Clunia', o político e militar romano [[Sertorio|Quinto Sertorio]] resistiu durante 20 anos a [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]], quen destruíu o que existía da cidade no ano 72 a. C.
 
Anos máis tarde, a cidade fundouse ' ' ex novo '' ' na época do emperador [[Tiberio]], dentro da provincia ''Hispania Citerior [[Tarraconense|Tarraconensis]]''. Primeiro concedéuselle o rango de ''[[municipium]]'', e emitiu moeda fraccionaria, os ases e os dupondios, nas que aparecen os ''quattuorviri'' locais, que foron encargados da súa cuñaxe.
 
Nalgún momento entre os imperios de Tiberio e de [[Claudio I]], converteuse en sede dun dos ''Legati Iuridici'' da ''provincia [[Tarraconense|Tarraconensis]]'', converténdose en capital do ''conventus iuridicus Cluniensium''.
 
=== Clunia e o emperador Galba ===
Clunia' adquiriu o rango de ''colonia romana'' tras autoproclamarse emperador nela o xeneral [[Servio Sulpicio Galba, emperador|Galba]], quen se refuxiou nela durante a revolución antineroniana; alí tivo noticia da morte de [[Nerón]] e de que fora elixido emperador (por iso algúns tratadistas engaden o epíteto de Galba ao nome da cidade). A cristalización do status de colonia debeuse ao emperador [[Vespasiano]]. Nos días de [[Servio Sulpicio Galba, emperador|Galba]], Clunia foi a capital do [[Imperio romano|Imperio]].
 
=== Clunia como centro administrativo ===
O esplendor da cidade romana de Clunia estendeuse durante os séculos I e II da nosa era, ao igual que outras cidades da Meseta Norte de ''[[Hispania]]'' como ' [[Asturica Augusta]] ou [[Juliobriga]], situadas nas provincias de [[Provincia de León|León]] e [[Cantabria]], respectivamente. Durante o seu máximo apoxeo calcúlase que a cidade de Clunia' chegou a ter ao redor de 30.000 habitantes. {{citarequerida}}
A [[Economía de Clunia no século I d.C]] baseábase na gandaría, e na agricultura entre outras.
 
=== O final da cidade ===
Ao longo do século III prodúcese unha despoboación paulatina do núcleo urbano, en relación coa crise do século III e a incipiente decadencia do Imperio romano de Occidente. Resulta evidente a existencia de incursións bárbaras en Clunia. De feito, está constatado que, a finais do século III, a cidade foi incendiada por pobos bárbaros, en concreto, polos franco-alemáns. Isto contribuíu á inexorable decadencia da cidade. Non obstante, non parece que se dese unha destrución violenta e xeneralizada, en todo caso predí o final da influencia cultural romana na cidade de Clunia e o seu ámbito.
 
En plena conquista da Hispania visigoda por parte dos musulmáns, a cidade e o seu ámbito foi conquistado polas tropas do xeneral bereber [[Táriq ibn Ziyad]] sobre o ano 713. Máis tarde, os cristiáns repoboárona en 912, emprazando a súa cidade no lugar que ocupa actualmente [[Coruña del Conde]], localidade onde poden considerarse bastantes restos romanos procedentes da cidade de Clunia.
 
Con posterioridade, construíuse a poboación de [[Peñalba de Castro]] que recibiu a meseta do enclave de Clunia a cambio de auga nunha época onde o valor da auga era maior que os poucos restos aínda non enterrados que quedaban da abandonada cidade romana.
 
=== Arquitectura civil ===
Como sucede en toda cidade, a meirande parte do espazo construído en Clunia estaba ocupado por vivendas. As escavacións arqueolóxicas permitiron coñecer a evolución do urbanismo doméstico e comprobar algúns dos seus trazos máis característicos.
 
=== As termas públicas ou Os Arcos ===
A carón do foro romano áchanse as ruínas das termas romanas, de grandes dimensións e cubertas de mosaicos algo máis simples ca as das casas do foro. Tamén aquí é ben visible o sistema de calefacción das distintas dependencias termais, o ''hipocausto''.
 
=== O teatro ===
[[Ficheiro:Teatro de Clunia 01.JPG|Teatro romano|miniatura|Vista parcial do Teatro romano de Clunia]]
O resto máis significativo é o [[Teatro romano|teatro]], escavado na rocha, que tivo capacidade para 10.000 espectadores, o que o convertía nun dos maiores da súa época en ''[[Hispania]]''. Tiña a finalidade de servir para a interpretación de actos teatrais do período clásico. A súa recuperación foi merecedora do premio na sección de ''Restauración e rehabilitación'' outorgado polos Premios bianuais de Arquitectura de [[Castela e León]] de 2004-2005. O xurado destacou «a respectuosa recuperación do teatro e o tratamento paisaxístico xeral».
 
=== O foro ===
[[Ficheiro:Mosaico de Clunia 03.JPG|Mosaico|miniatura|Mosaico da ''domus'' do foro da cidade de Clunia.]]
O centro das cidades romanas alí onde se cruzaban ''Cardus Maximus'' e ''[[Decumanus Maximus]]'', acolle frecuentemente o foro da cidade, unha praza pública rodeada de pórticos. Nel desenvolvíanse actividades políticas, comerciais, xudiciais e, habitualmente, tamén relixiosas. En Clunia, o foro encóntrase non moi lonxe do teatro, en cuxas inmediacións destacan os restos de tres ''domus'', unha ''basílica'' e un ''macellum'' (mercado). Chaman a atención os mosaicos, as estanzas subterráneas e os sistemas de calefacción dalgunhas destas casas. Sobre o mercado edificouse no século XVII unha ermida de escaso valor artístico, danando os depósitos.
 
=== Outros restos ===
No subsolo da cidade, non visitables pola súa fraxilidade, son moi interesantes os sistemas de abastecemento de auga, formados por varios alxibes coas súas correspondentes canalizacións de toma de auga, construídos aproveitando as grutas naturais que existen no subsolo calcáreo do espigón sobre o que se levanta a cidade, e tamén un santuario priápico.
 
[[Categoría:Roma antiga]]