2001: Unha odisea do espazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
{{spoiler}}
 
O filme está dividido en catro capítulos, ou apartados, que representan tres épocas diferentes no tempo. Os capítulos aparecen de xeito cronolóxico comezando no pasado e finalizando no futuro sen pasar polo presente (tendo en conta que o filme estreouse no ano 1968). Cada capítulo, bardante o segundo, vén precedido por un título. O filme comeza coa [[Terra]] ascendendo sobre a [[Lúa]], e co [[Sol]] á súa vez ascendendo sobre a Terra, todos aliñados. A imaxe está acompañada da peza ''[[Also sprach Zarathustra (Strauss)|Also sprach Zarathustra]]'' de [[Richard Strauss]].
 
=== O amencer do home ===
Liña 60:
 
A escena cambia repentinamente e Bowman aparece dentro da pequena nave pero, á vez, no interior dunha estraña habitación decorada ao estilo Luís XVI. Bowman sae da nave, intentando entender que é aquilo. Finalmente, nunha rápida sucesión, vese a si mesmo cada vez máis vello até acabar moribundo na cama fronte ao monólito. Repentinamente, Bowman toma forma de [[feto]] dentro dunha esfera transparente na cama da habitación, pasando despois a flotar no espazo sobre a Terra na escena final, de novo coa música de ''Also sprach Zarathustra''.
 
== Música ==
O filme conta con música de [[Richard Strauss]] (a introdución de [[Así falou Zaratustra]]), [[Johann Strauss (fillo)|Johann Strauss fillo]] e [[György Ligeti]] que acompañan as imaxes do [[espazo]]. [[Alex North]] compuxo unha obra musical para o filme, mais Stanley Kubrick non a incluíu, aínda que saíu á luz da man de Jerry Goldsmith 25 anos despois. A dirección e deseño dos efectos visuais foron obra de Kubrick, sendo supervisados por Wally Veevers.
 
Stanley Kubrick empregou a música de Ligeti sen solicitar permiso nin aboar dereitos de autor, polo que o compositor debeu presentar unha denuncia a pesar da admiración que mostrou pola película. Kubrick incluíu na banda sonora até catro obras de Ligeti: ''Réquiem'', ''Lux Aeterna'', ''Atmosphères'' e ''Aventures''. É o ''Réquiem'' o que acompaña as aparicións do monolito e tamén é a micropolifonía de Ligeti a que soa durante a abstracta viaxe final de David Bowman: con iso Kubrick fai realmente un percorrido pola música do século XX que comeza con Zaratustra e culmina con Ligeti, para volver iniciar o ciclo cos acordes finais da obra de Strauss.
 
== Herdanza ==
''2001: Unha odisea do espazo'' inspirou no seu momento a miles de persoas a seguir carreiras científicas afíns coa [[astronáutica]], a [[astronomía]] e a tecnoloxía da informática ([[Intelixencia artificial]]). Os seus efectos especiais e os seus [[Vangardas|vangardistas]] elementos tecnolóxicos foron un modelo a seguir para os seguintes filmes e novelas do xénero da [[ciencia ficción]]. Dende a súa estrea, inspirou a varias producións posteriores do xénero de ciencia ficción, entre elas [[A guerra das galaxias|Star Wars]], [[Blade Runner]], [[Alien (filme)]], etc. Varios directores recoñecidos coma [[George Lucas]] ou [[Ridley Scott]] declararon ao filme coma o que cambiou e definiu o xénero anteriormente citado.
 
== Intérpretes ==