A Clockwork Orange (filme): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Laranxa}}
{{Título en cursiva}}
'''''A Clockwork Orange''''' ('''''A laranxa mecánica''''') é un filme dedirixido, producido e escrito por [[Stanley Kubrick]] ([[Reino Unido]]) ([[1971]]) baseado na novela de ''[[A Clockwork Orange]]'' de [[Anthony Burgess]].
 
A narración conta a historia de Alex, un mozo violento cuxas únicas distraccións son a violación, a ''ultraviolencia'' e [[Ludwig van Beethoven]]. As violentas imaxes da película e unha desgraciada serie de actos vandálicos fixeron que Kubrick premera á distribuidora para que retirase a película dos cines británicos. As ameazas que recibiu fixeron que o director se recluíse aínda máis na súa mansión de Londres, xa que trala súa anterior película ([[Dr. Strangelove]]) deixara para sempre os [[Estados Unidos de América|EUA]] e marchase a vivir ó [[Reino Unido]].
 
No momento de emisión nos cines, o filme de [[Stanley Kubrick|Kubrick]], que tentaba ser un canto en contra da violencia, foi interpretado de xeito contrario, o director deprimiuse e, inda por riba, moitos mozos ingleses copiaron desagradables hábitos do film.
 
== Argumento ==
Nunha Gran Bretaña futurista, Álex, o protagonista do filme, é un adolescente que, xunto cos seus amigos, dedícase á ultraviolencia (bouras, abusos, violacións e humillacións contra os máis febles, e pelexar con outros grupos de adolescentes). É afeccionado ás drogas es sobretodo á música clásica de Ludwig van Beethoven.
 
Álex persuade aos seus amigos a atacar unha mansión particular onde vive un escritor coa súa muller. Álex vexa a esposa diante do seu marido.
 
Despois dunha loita polo liderado do grupo, Álex, que é traizoado polos seus compañeiras mentres atacan a casa dunha muller a cal acaba asasinando, é apancado cunha botella de leite por un dos seus amigos e déixano a mercé da policía, que chega en breves instantes.
 
É encarcerado nunha cadea brutal, e, con tal de acurtar a condena, preséntase voluntario para someterse ao tratamento Ludovico (un tratamento experimental). Este tratamento consiste en ver filmes moi violentos, acompañados de música de Beethoven (mentres se lle droga con substancias que lle xeran efectos noxentos) con tal de condicionar a súa resposta perante a violencia.
 
Ao rematar o programa, a súa antiga vida quedou totalmente destruída e el rexeita a violencia. Os seus pais o rexeitan, os seus antigos compañeiros son axentes das forzas da orde, e unha antiga vítima o secuestra para torturalo obrigándoo a escoitar a novena sinfonía de Beethoven. O obxectivo desta persoa é provocarlle un tormento abondo para desexar suicidarse, deste xeito o "tratamento Ludovico" sería absolutamente rexeitado pola opinión pública e o goberno se vería desacreditado, obxectivo que persegue o secuestrador, amais da sinxela vinganza.
 
Efectivamente, Álex intenta suicidarse mais non o acada; o que acadou foi librarse dos efectos do "tratamento Ludovico".
 
==Premios==