Historia da Unión Soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 113:
A violencia interétnica fíxose endémica en [[Armenia]] e [[Acerbaixán]], por mor da disputa sobre a rexión de Nagomo-Karabah, e recrudeceuse en [[Xeorxia]] a causa da intervención do Exército en contra dos manifestantes en [[Tiflis]] (abril de 1989). A axitación [[nacionalismo|nacionalista]] deu lugar a unha crise de Estado cando [[Lituania]] proclamou a súa independencia ([[11 de marzo]] de [[1990]]), decisión suspendida en xuño ante o bloqueo económico decretado por Moscova.
 
Trala caída do [[Muro de Berlín]] e a caída dos réximes comunistas na Europa Oriental, Gorbachov tentou unha nova ofensiva reformista. O Congreso dos Deputados do Pobo votou outra reforma constitucional que aboliu o monopolio político do PCUS, instaurou un sistema presidencialista e elixiu ao mesmo Gorbachov para o novo cargo de presidente da URSS ([[15 de marzo]] de 1990). As eleccións republicanas e locais (febreiro-maio) constituíron un éxito para os radicais; [[Boris YeltsinEltsin]] foi elixido presidente [[Federación Rusa]].
 
O XXVIII Congreso do PCUS (xullo de 1990), que de novo nomeu a Gorbachov como secretario xeral, non puido impedir que YeltsinEltsin e outros dirixentes radicais abandonasen o Partido. Para facer fronte á crise nacional, Gorbachov propuxo un novo Tratado da Unión, que foi aprobado polo Congreso dos Deputados do Pobo e ratificado en referéndum ([[17 de marzo]] de [[1991]]) en nove das quince Repúblicas, namentres as tres Repúblicas bálticas, Armenia, Georgia y Moldavia organizaban consultas electorais nos seus territorios respectivos pra reafirma-la súa vontade de independencia. O tratado soviético-estadounidense pra reduci-las armas nucleares estratéxicas (''Start''), asinado en Moscova con motivo da visita do presidente [[George H. W. Bush]] ([[31 de xullo]] de 1991), agravou as tensións no aparato do PCUS e no complexo militar-industrial.
 
O [[18 de agosto]], cando se atopaba de vacacións en [[Crimea]], Gorbachov foi confinado na súa residencia e declarado «incapaz de asumir as súas funcións por motivos de saúde», nun [[golpe de Estado]] planeado polos [[conservador]]es do aparato, o [[KGB]] e algúns xefes militares. [[Gennadi Yanaev]], vicepresidente da URSS, asumiu interinamente a presidencia, e unha dirección colexiada composta por oito persoas decretou o estado de urxencia, reestableceu a [[censura]] e publicou unha proclama xustificando o golpe. A resistencia foi encabezada dende o primeiro momento por Boris YeltsinEltsin, quen, dende o Parlamento de Rusia, chamou á [[desobediencia civil]] e á [[folga]] xeral. A crecente oposición popular en Moscova e [[Leningrado]], o rexeitamento internacional e a defección dalgunas unidades militares, que pasaron a obedecer a YeltsinEltsin, dividiron e paralizaron ós golpistas. O golpe foi abortado o [[21 de agosto]], cando os membros do Comité do Estado se dispersaron antes de ser detidos. Gorbachov, liberado, volveu a Moscova e apoiou decididamente os trocos radicais que a nova situación requiría.
 
As actividades do PCUS foron proscritas polo Tribunal Supremo ([[29 de agosto]]), disolvéronse os órganos do poder central e comezou un novo período constituínte. O [[6 de setembro]] de 1991 o Consello de Estado recoñeceu a independencia de [[Estonia]], [[Letonia]] e [[Lituania]]. Nos meses seguintes, as sucesivas proclamacións de independencia das Repúblicas e o colapso económico aceleraron a perda de autoridade política de Gorbachov, que fracasou na súa tentativa de concluí-lo Tratado que debía dar lugar a unha Unión de Estados Soberanos para substituír á antiga organización do Estado.